O Principal acolle a estrea de ‘Una línea sueña’

O Principal acolle a estrea de ‘Una línea sueña’

Este sábado ás 20.30 horas o Teatro Principal da Estrada acolle a estrea do concerto visual Una línea sueña, do estradense Javier Otero Neira e da arxentina Luciana Rago. Nel estableceranse pontes entre a música de piano e electrónica del e a pintura en directo dela.

Ao longo dos cincuenta minutos que dura, os asistentes verán como un telón de papel suspendido na parte dianteira do escenario e que cubre a totalidade do campo de visión é pintado dende a parte traseira, pois o papel permite a aparición da pintura tanto no anverso coma no reverso.

A peza está dividida en tres escenas nas que se aborda a linealidade temporal de ambas disciplinas, onde o inconsciente e o imaxinario afloran no acto creativo e revélanse sen formas predefinidas.

As entradas, que custan 5 euros, están á venda no departamento de Cultura.

Javier Otero Neira

Dende hai anos está interesado na creación de novos formatos de concertos e na búsqueda da conexión que existe entre as diferentes expresións artísticas en directo. É un pianista de formación clásica que desenvolve os seus propios proxectos ca súa música para piano e electrónica, principalmente. O seu interese polas diferentes expresións artísticas levouno a estrear a súa primeira ópera, escrita en galego, que se estreou no Teatro Rosalía de A Coruña, “Pálido Punto Azul”.

Ten publicados doce discos que abranguen a música de Schubert, Prokofiev, Rautavaara ata a súa propia, e actuou ó longo de toda a xeografía española, e en cidades como Toquio, Roma ou Londres. O seu debut o ano pasado no Auditori de Barcelona ca soprano María Hinojosa e The Ministers of Pastime no que estreou unha peza para conxunto barroco e electrónica, tivo unha grande acollida polo público e a crítica.

Imaxe de portada: Una línea sueña // cedida

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo