Este mércores anunciáronse os finalistas das tres das seis categorías que aínda non eran coñecidos. Deste xeito, só queda por coñecer cal será o Momento Rebumbio do ano, que o entrega de xeito directo Actual Comunicación, empresa organizadora. Ademais, continúa aberta a votación ao Estradense do Ano nas redes.
Na categoría de Mellor comunicación deportiva son finalistas Non Vale Furar, Carlota & Fonso e Xandre Movemento. No relacionado coa Mellor proposta educativa, optan ao galardón Madeira no Losada, David Eyo e Psicología de Ro. Por último, optan a Mellor iniciativa cultural Coto Manguelo, Vagalumes e Imaxina e Axuda.
O xurado que se encargou de decidir quen levará os premios en cada categoría formárono Fran Brea, redactor de La Voz de Galicia Delegación Barbanza, Chus Aldariz, experta en comunicación e directora de Dual Web Media, e Kike Vázquez, técnico de Cultura do Concello da Estrada.
Voto do público
A gran novidade deste ano é que o público será quen decida quen leva o Premio ao Estradense do Ano nas redes. Están nominados Hostaleiros da Estrada, AGADEA, a asociación Imaxina e Axuda, Sinfancia Lactante, Madeira no Losada, Emerxencias A Estrada e Darlle Bolo. A votación está aberta e pódese facer a través da web dos propios premios (https://premiosrebumbio.com/).
A gala de entrega dos galardóns celebrarase o vindeiro xoves 16 ás 20.00 horas no MOME. Estará conducida por Pablo García.

Deixa unha resposta