A Escola Municipal de Artes Escénicas (EMAE) abriu o prazo de inscrición para o curso 2026-2027. Contarán con catro grupos diferentes e terán a vista posta no cuarto de século de vida da escola.
As clases impartiranse dende outubro ata maio. As primeiras dúas clases serán gratuítas para que os inscritos poidan probar a experiencia. Haberá un grupo infantil (7 a 12 anos), un xuvenil (13 a 17 anos), un de adultos (maiores de 18 anos) e un grupo de Danza Teatro para maiores de 40 anos.
A inscrición farase no departamento de Cultura do Concello da Estrada ou chamando ao 986573601. Será por estrita orde de chamada. Ao remate do curso, na primeira semana de xuño, farán unha exhibición.
A EMAE xa ten 24 anos de historia e encara o seu primeiro cuarto de século perfectamente consolidada a nivel municipal. Parte da súa actividade anual está adicada á formación na actividade teatral relacionándoa con persoeiros destacados a nivel municipal ou da contorna estradense, tales como Virxinia Pereira.

Deixa unha resposta