Publicidade

A Grela honra á Virxe de Guadalupe co seu encontro anual

A festa da Virxe de Guadalupe da Grela resistiu á calor. A procesión que a leva ata a Cruz da Grela acompañada por San Ramón, Santa Rita de Cereixo e San Xoán de Liripio, malia as elevadas temperaturas, conseguiu congregar a numerosos fieis.

Na Cruz da Grela xuntouse cos santos de Codeseda. Alí, dúas rapazas fixeron unha ofrenda floral aos defuntos. Ao remate, todos baixaron ata a capela do lugar e os devotos pasaron por debaixo de todas as figuras antes de dar inicio a misa.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo