O Ano Cultural Virxinia Pereira encara a súa recta final cunha xornada adicada á figura e o legado da estradense. Será este xoves 8 ás 19.00 horas na Casa das Letras.
O alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, dará a benvida. Ás 19.05 horas terá lugar unha actuación musical de Manoele de Felisa baseada en textos de Otero Pedrayo. A actriz e moderadora Carmen Méndez presentará o acto ás 19.10 horas.
A primeira intervención correrá a cargo de Noni Araújo, mestra e amiga persoal de Virxinia Pereira, que ofrecerá o relatorio Virxinia Pereira: a persoa. Achegará unha perspectiva persoal da estradense.
Ás 19.35 horas, o historiador e presidente da Fundación Castelao, Miguel Anxo Seixas Seoane, abordará A complicidade conxugal e a liberación cultural. Vinte minutos máis tarde será o catedrático de Filoloxía Galega e Portuguesa e director da Cátedra Castelao da Universidade de Santiago de Compostela, Henrique Monteagudo, quen falará sobre Castelao e Virxinia Pereira no exilio (1939-1950).
A xornada pecharase coa escritora da biografía de Virxinia Pereira, a xornalista Montserrat Fajardo. Ofrecerá ás 20.15 horas o relatorio A leoa que custodiou o legado de Castelao.


Deixa unha resposta