Publicidade

Matías sentencia no desconto a vitoria do Estradense fronte a un Boiro que quedou cun menos

O Estradense gañou no desconto e o Berres por goleada. Mentres, Sport Team e Vea seguen sen conseguir puntos.

Estradense 3 – 2 Boiro

O Estradense viviu unha vitoria de infarto. No minuto 12 o Boiro poñíase por diante cun gol de Juan Manuel Blanco. Catro minutos despois Dani Varela empataba o encontro e Pedrosa adiantaba o equipo roxillo no minuto 22. No 86 o adestrador do Boiro, Jose Tizón, era expulsado. Aos dous minutos, Mateo Lago empataba o encontro a dous. Chegaba o tempo de desconto e o Boiro quedaba sen Enrique Vidal, quen vía o cartón vermello. Dous minutos despois, Matías Delicado sentenciaba o encontro a favor do Estradense. Actualmente o Estradense é undécimo.

Caldas 3 – 1 Sport Team Estrada

O Sport Team volveu ver cruz. No minuto 20 Román Acha marcaba o primeiro tanto do Caldas, que sería seguido polo de Beltrán García (37′). No 40 Francisco Castro poñía o primeiro tanto dos estradenses. No 45 Román Acha completaba o seu dobrete, sentenciando a vitoria do Caldas. Con este resultado o SP Estrada segue último.

Vea 1 – 2 Trazo

Mesma situación que o Sport Team para o Vea. Os estradenses recibían o Trazo. Todos os goles foron na primeira metade. Sebastián Rial firmaba un dobrete ao marcar nos minutos 15 e 27. Cristian Canabal marcaba o único tanto do Vea no 38. O Vea segue pechando a clasificación do seu grupo.

Berres 8 – 3 Santiso

Partido goleador o do Berres. Nel houbo dous dobretes e un triplete. Álex García abría o marcador con dou tantos a favor do Berres (minutos 16 e 22). Sergio López firmaba un dobrete ao marcar nos minutos 29 e 40. Na segunda metade o Santiso reaccionaba cun gol de Brais Furelos (57′). O Berres seguiría aumentando o marcador cun tanto de Greco Cervantes no 71 e con outro de Luis Sánchez no 73. No 75 Iago Castro poñía o 6-2 no marcador. Rodrigo Ramos marcaba para o Berres no 83 e no 85 Iago Castro culminaba o seu dobrete ao poñer o 7-3 no minuto 85. Xa no 88, Álex García sentenciaba o seu triplete e o partido. Con este resultado o Berres colócase noveno.

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo