O transporte público por estrada estará en servizos mínimos pola folga xeral do vindeiro mércores. Porén, varias das liñas poderían non realizarse, tendo en conta os servizos mínimos que foron establecidos.
As liñas escolares estarán garantidas. Non acontecerá o mesmo coas que conectan A Estrada e as súas parroquias con Santiago e Compostela e Pontevedra. Tampouco se inclúe nos servizos mínimos as liñas O Souto de Vea – A Estrada e A Estrada – instituto FP – Cuntis, entre outras.
Na seguinte táboa poderán ver os servizos mínimos ao completo. Ao seren case 5.000 as liñas que hai en total en Galicia aconséllase empregar o buscador que inclúe o grafismo escribindo o nome da ruta.
Imaxe de portada: // Xornal da Estrada


Deixa unha resposta