Desde a Asociación de Veciños da Avenida de Santiago lamentaron este xoves que, “outro ano máis quedamos sen alumeado de Nadal”. Lembraron que o alcalde prometeulles a colocación de arcos lumínicos entre a rotonda de Figueiroa e a Congostra, pero non se efectuou.
O Presidente da asociación, Ángel Bergueiro, asegurou que “parece que hai zonas onde para o Concello non é Nadal e que non hai nin veciños nin locais comerciais”.
Esta situación tamén se produce noutros puntos do casco urbano estradense.
Imaxe de portada: Tramo sen iluminación de Nadal na avenida de Santiago // cedida


Deixar un comentario