Este mércores A Estrada acolleu o Correlingua, actividade na que participaron 1500 alumnos dos diferentes centros educativos estradenses, do IES Chano Piñeiro de Forcarei e do CPO Aurelio Marcelino Rey de Cuntis.
Pasadas as 11.00h da mañá comezaban un percorrido que os levou polas rúas Serafín Pazo, A Farola, Calvo Sotelo, Justo Martínez, Iryda, Avenida de Ponteareas, Ulla, Calvo Sotelo e Justo Martínez, para rematar na Praza do Concello. Durante o percorrido o alumnado pronunciou consignas a favor da lingua galega ou, no caso do alumnado do Foxo, fixérono a través de cancións.
Ás 12.00h procedeuse á lectura do manifesto, ao que seguiu a actuación do grupo Pauliña e a entrega de diplomas aos diferentes centros educativos.









Deixar un comentario