A pouco máis dun mes de comezar a 37ª Feira do Moble de Galicia – celebraráse do 18 ao 21 de setembro -, a ocupación do espazo acada o 95%, sendo case medio cento as firmas que estarán presentes nela. Estas repartiránse por catro pavillóns.
A distribución dos pavillóns será a gran novidade da edición, pois só tres dos catro que se empregarán estarán destinados ao moble, quedando o restante reservado ao comercio, complementos e ás antigüidades. Neste último atoparemos pezas de época, roupa, calzado, menaxe e complementos. No exterior habilitaráse un espazo con vehículos e solucións integrais innovadoras.
A meirande parte das empresas que participarán son galegas e representan aos sectores do mobiliario, tapicería, descanso, decoración e dos electrodomésticos, entre outros.
Entrada de balde durante dous días
A entrada será de balde o xoves 18 e o venres 19. Durante as catro xornadas que durará a cita feiral o horario será ininterrumpido, dende ás 11.00 ata ás 20.00 horas. Ademais, haberá sorteos.

Deixar un comentario