O 15 de decembro de 2024, tres días despois do primeiro aniversario do Xornal da Estrada, nacía Xornal Semanal, esa marca que nos acompañou cada domingo (cando non se trasladaba ao luns para dar conta dalgunha noticia que ocorría o domingo) contándonos todo o que sucedera nunha semana.
A chegada do período estival e cambios nas circunstancias que permitiron o nacemento deste formato provocaron o seu final, sempre coa promesa de volver. E o regreso tiña unha data: o mes de setembro.
As promesas cúmprense e o formato regresa. Non o fai co mesmo nome, pois un Xornal Semanal sen vídeo non sería un Xornal Semanal, sería unha newsletter cos titulares da semana. Con este texto xa non hai que explicar por que se chama A Newsletter da Semana.
Cambia o nome e cambia lixeiramente o formato, pero non o seu espírito. Non podemos asegurar – e tampouco o faremos – que esta primeira entrega vaia ser a mellor, pero si que nos esforzaremos por mellorar o máximo posible, como nos pasou co Xornal Semanal.
Sexan benvidos ao espazo que poderán consultar cada domingo a partir das 19.30 horas, benvidos á Newsletter da Semana.
🎙️ Xornal da Estrada fixo un debate sobre La Estación
Tras a publicación da Reportaxe La Estación, 11 anos creando oportunidades, na que os membros deste centro xuvenil falan dos problemas de mantemento que hai no edificio que empregan como sede, Xornal da Estrada propuxo a todos os líderes dos partidos con representación no pleno do Concello da Estrada participar nun debate sobre que facer para mellorar o estado no que se atopa este espazo destinado á xuventude.
🎙️ O debate sobre a vivenda marca o pleno de setembro
O BNG presentou unha moción que foi rexeitada polo PP. Ademais, Manuel Magariños cifrou as vivendas baleiras no municipio en máis de 1.800.
Por outra banda, anunciouse a intención de colocar novas marquesiñas nos IES Avelina Valladares, Antón Losada Diéguez e Manuel García Barros, aprobáronse os festivos locais para 2026 e comentouse que apareceron novas verteduras no matadoiro municipal.
💬 Politicando
👷🏻♂️ Van comezar as obras da Carballeira e do Reimóndez Portela
No caso da Carballeira será ao longo desta semana. Vaise eliminar a zona de asfalto que permite acceder ao espazo e crear dous paseos con xabre-cemento.
Mentras, no do Reimóndez Portela, será na semana do 15 e suporán o paso final para a súa reapertura tras 10 anos pechado ao público.
🎙️ Houbo ou non houbo socorrista na praia fluvial?
O luns Ismael Pena, concelleiro de Deportes, confirmou que o espazo contou con socorrista todos os días de 15.00 a 21.00 horas todos os días da semana durante os meses de xullo e agosto.
O xoves o BNG insistiu en que non se prestou dito servizo e acusou ao PP de “estar de coña” por ter colocado un cartel informando de que, coa chegada de setembro, xa non se vai prestar.
🌳 O Seaga inspeccionará 30.000 parcelas próximas a núcelos de poboación
Comprobaráse a execución das limpezas. Ás parcelas que non cumpriran enviaráselles un novo requerimento, cun prazo máximo de execución de 15 días. No caso de non cumprilo, haberá sancións.
⚽ O Estradense enfrontaráse ao Covadonga na Copa Federación
Será o 10 de setembro.
🚴🏻♂️ Unha etapa da Volta a Galicia pasará pola Estrada
Será a segunda, que se celebrará o venres 12 e sairá e chegará a Caldas de Reis. Antes de pasar pola vila ascenderáse o Alto da Cruz (porto de montaña de 3ª categoría) e, xa na Avenida Benito Vigo, haberá un sprint intermedio.
🎭 Amplo abano cultural en outono
Yllana, Touriñán e Dyana Kurtz daránse cita no Principal.
📖 A ferida aberta, de Rafael Vilar, gaña o Avelina Valladares
O xurado valorou a súa calidade literaria, pois “a través da sinxeleza dos seus versos, consegue construír un universo poético íntimo e delicado, evocador e cheo de matices”.
Outros titulares
💧 O Concello reactivará dous pozos en Codeseda
Empregaránse para ampliar a cantidade de auga almacenada.
💬 Opinión
A Natureza non se Restaura desde un Despacho: A Resposta do Rural á Ecoloxía de Salón
Enviado por Adrián Riádigos, Asociación de Gandeiras e Gandeiros Galegos Elas-Eles…
🗑️ Malestar polo estado do lixo preto do García Barros
Falta recollida e hai residuos tirados polo chan.
🛣️ Regresa o tráfico ao enlace da AG-59 da Ramallosa
Reabre este luns.
🏫 A Estrada perde 8 alumnos
O curso comeza o 8 de setembro.
🎵 Bonifican o curso de iniciación do Conservatorio
Para cando os alumnos teñan 2 horas de clase.
🪑 Charla sobre FP e sorteo dunha viaxe a Aveiro na Feira do Moble
Celebraráse do 18 ao 21 de setembro
💼 Aumenta o paro na Estrada
Hai 17 parados máis.
🎫 Loita contra o alzhéimer
Bingo solidario na Praza do Mercado
🐭 A rata que se paseou pola Estrada
O mércores.
🥁 Portas abertas en Latexo Percusión
Do 15 ao 19 de setembro.
👦🏻 O último xoves de verán
Tarde de inchables na Praza da Feira.
🛍️ Éxito das rebaixas
O comercio xa prepara a tempada outono-inverno.
🤾🏻♂️ A Praza do Concello será un espazo para xogar ao balonmán
O 11 e 12 de outubro.
🏀 A Estrada Basket preséntase aos pais
Desde esta semana está celebrando reunións con eles.
⚽ Día do Fútbol en Rivis Barber
Haberá descontos para os clientes que vaian cunha camiseta de fútbol.
🏸 Bronce de Iziar Barcala
No Irish Open U19.


Deixar un comentario