A Praza do Mercado acollerá un bingo solidario polo Día do Alzhéimer

O vindeiro venres 12 ás 19.00 horas a Praza do Mercado acollerá o bingo solidario Recorda e Gaña. Organizado por AGADEA, buscará recaudar fondos para dar visibilidade á loita contra o alzhéimer.

A actividade terá un carácter lúdico e estará aberta a todos os que queiran participar. Haberá diferentes sorpresas e espectáculos que animarán a tarde. O prezo do cartón será de 5 euros e, por 2 euros, haberá un pincho solidario. Os cartóns poderánse adquirir de forma anticipada todos os días de 9.00 a 20.00 horas no centro de AGADEA na Estrada e o mércores 10 e o venres 12 de 10.30 a 12.30 horas no Novo Mercado. Amais, pódense reservar a través dun formulario online.

A organización e os premios son posibles ás diferentes entidadades e establecementos locais que colaboran.

Imaxe de portada: punto de venda do bingo solidario // AGADEA

Comentarios

One response to “A Praza do Mercado acollerá un bingo solidario polo Día do Alzhéimer”

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo