Publicidade

A falta de vivendas accesibles en aluguer no rural dificulta a posta en marcha dun programa de inclusión

COGAMI denunciou que a falta de vivendas accesibles en réxime de aluguer no rural pode pór en risco o programa ConVive Rural. Este programa busca promover que as persoas con discapacidade poidan vivir de xeito independente.

A busca de vivendas iniciouse nos concellos de Silleda, Lalín e A Estrada, concellos nos que se pretendía comezar esta iniciativa. Dende COGAMI din que “a resposta recibida ata o momento é negativa” e non descartan ampliar a procura a outras provincias no caso de non atopar solucións. O plantexamento inicial recollía a posta en marcha no mes de xuño, polo que se podería ver atrasado de xeito temporal.

A organización fixo un chamamento á cidadanía para que aqueles que teñan unha vivenda accesible no rural e que se poida alugar contacten con eles a través do teléfono 663 940 759.

Imaxe de portada: vista dunha parroquia da Estrada // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo