Esta fin de semana Ribeira vai celebrar as súas festas na honra da Virxe dos Milagres e de San Roque. Este venres 12 rematará a novena coa misa que se oficiará ás 20.00 horas. A procesión correrá a cargo da Charanga Os Atrevidos. A verbena estará amenizada pola mesma charanga e por Arco Iris e Rubí.
O sábado 13 haberá misas rezadas ás 9.00, 10.00, 11.00 e 12.00 e outra solemne ás 13.00 horas. A procesión e a sesión vermú correrán a cargo da Banda de Música Cultural da Estrada. Á noite, a verbena estará musicada por Costa Blanca e Nueva Fuerza.
Para rematar as festas, o domingo oficiaráse ás 13.00 horas unha misa solemne, que estará seguida dunha procesión a cargo de Alegres Folk. Arco Iris porá a música na sesión vermú.

Deixar un comentario