O BNG critica que se pague a sinalización do rural “sen que se solucionaran os problemas detectados”

O BNG critica que se pague a sinalización do rural “sen que se solucionaran os problemas detectados”

O BNG criticou que o goberno local aprobase o pasado 15 de setembro a certificación da sinalización do rural “sen que se solucionaran os problemas detectados”. Isto significa, que a actualización e colocación de nova sinaléctica vai ser pagada.

Os nacionalistas enumeran os erros que non foron solucionados: “sinais mal colocadas, erros nos topónimos, falta de sinais en lugares que teñen dous accesos, etc.”.

Remata Santa Cristina de Vea, pero non se sabe que comeza San Xurxo de Vea // cedida

Unha situación, comentan desde o partido, que non é nova. “Pasa agora cos sinais das parroquias e lugares, mais pasou tamén coas pantallas que dan conta da ocupación dos aparcadoiros públicos ou coa reforma da praza de abastos, que inauguraron a todo correr aínda sen rematar as obras, por citar algúns exemplos”, aseguran desde a formación nacionalista.

Imaxe de portada: sinal situada na fronteira entre San Xurxo de Vea e Couso. Onde tería que poñer San Xurxo pon San Xiao // cedida

Comentarios

One response to “O BNG critica que se pague a sinalización do rural “sen que se solucionaran os problemas detectados””

Deixar un comentario