Publicidade

O BNG critica que se pague a sinalización do rural “sen que se solucionaran os problemas detectados”

O BNG criticou que o goberno local aprobase o pasado 15 de setembro a certificación da sinalización do rural “sen que se solucionaran os problemas detectados”. Isto significa, que a actualización e colocación de nova sinaléctica vai ser pagada.

Os nacionalistas enumeran os erros que non foron solucionados: “sinais mal colocadas, erros nos topónimos, falta de sinais en lugares que teñen dous accesos, etc.”.

Unha situación, comentan desde o partido, que non é nova. “Pasa agora cos sinais das parroquias e lugares, mais pasou tamén coas pantallas que dan conta da ocupación dos aparcadoiros públicos ou coa reforma da praza de abastos, que inauguraron a todo correr aínda sen rematar as obras, por citar algúns exemplos”, aseguran desde a formación nacionalista.

Imaxe de portada: sinal situada na fronteira entre San Xurxo de Vea e Couso. Onde tería que poñer San Xurxo pon San Xiao // cedida

Comentarios

Unha resposta a «O BNG critica que se pague a sinalización do rural “sen que se solucionaran os problemas detectados”»

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo