Quizais a mellor forma de comezar esta Newsletter da Semana é falando do máis recente: do regreso do vandalismo ás rúas estradenses. Todo na mesma semana na que a sección de sucesos ocupou un gran número de titulares, igual que o fixo a sección de obras que cada semana nos está deixando algunha novidade.
Regreso do vandalismo
A pantalla da ACOE na Rúa Calvo Sotelo rematou tirada polo chan. Segundo comentaron veciños a través das redes sociais, foi un grupo de entre 3 e 4 rapaces e unha rapaza o responsable deste acto.
Detido por provocar un incendio forestal en Moreira
Incendiou parte do monte e un contedor do lixo. Foi localizado a 200 metros da zona durmindo e cunha bolsa con alcohol e sete chisqueiros.
Roubo curioso
Levaron botes de salsa de tomate e coitelos.
Alerta, estafa
Chegan mensaxes de coñecidos pedindo cartos.
Taller de ciberseguridade
Do 8 ao 10 de outubro na Sala Abanca.

Di que foron consentidas
O acusado de violación asegura que as relacións non foron forzadas e indica que a súa exparella denunciouno por celos ao romper.
016
Teléfono contra a violencia machista

Faltan mestres no García Barros
Unha rapaza con autismo non conta co apoio necesario. As reclamacións fixéronse públicas na mesma semana na que houbo unha folga de profesores.
No CPR Nosa Señora de Lourdes
Plan de vacinación intranasal.
‘Regreso ás aulas’ dos programas de envellecemento activo
Neles participan unhas 700 persoas.

As obras da Farola comezarán en outubro
O inicio será polas rúas Don Nicolás e Marqués Vega de Armijo e seguirán por San Paio e 56. Pasado o Nadal, actuaráse na praza.
Data límite para as obras do módulo multideporte
Terán que rematar, a máis tardar, o 31 de marzo
Primeira reunión de Louzao con Rueda
A Xunta comprométese a financiar parte da reforma da praia fluvial e a mellorar a PO-213.

A Estrada propón ampliar a cesión da praia fluvial ata os 50 anos
Para así poder executar as melloras no recinto.


O Concello valora colocar bordos nas xardineiras da Praza da Feira
Para facilitar o seu mantemento.
Queixas polo mantemento da zona verde do Mercadona
Ven un estado de abandono.
O BNG critica que se pague a sinalización do rural
“Sen que se solucionaran os problemas detectados”.

Politicando
Contar 20 e retroceder 25
Luis López Bueno, PSOE da Estrada

O drama dos estudantes
Buses cheos e atrasos nos horarios das principais liñas con Santiago.
O médico de San Miguel que foi alcalde
A Estrada inaugurou unha exposición sobre Manuel Reimóndez Portela.

Xubílase Rosa Méndez
Traballou con 7 dos 8 alcaldes da democracia estradense.
Un rapaz con vocación de biólogo
Emilio Andújar Porto faleceu aos 27 anos de idade.
Repunte dos casos de covid
Coa entrada do outono.
O programa Toponimízate chega á Estrada
No mes de outubro.
Berres, lugar de requinta
A parroquia acollerá unha xornada adicada a ela.
Cando no Invictus se atopan a zona deportiva e os centros educativos
Un erro nun sinal que xa foi corrixido.
O Candil fai 25 anos
Sendo todo un referente na Zona dos Viños.
2 toneladas de lixo
Foron recollidas nos ríos.
Un skater malagueño fai parada na Estrada
Estivo mostrando a súa destreza sobre a táboa na estación.
A Estrada será sede do Adventure Galicia
No mes de abril


Deixar un comentario