Xornal da Estrada publicará un especial polo ano do referendo da Farola

Xornal da Estrada publicará un especial polo ano do referendo da Farola

Antes de que Rubén Rosende nunha reportaxe pronunciara iso de que “A Farola é moito máis ca unha farola”, a peonalización desa praza estradense xa formaba parte do debate político polo elemento que lle dá nome de forma oficiosa. Tras este momento chegarían unha manifestación e un referendo para escoller a súa ubicación.

Este domingo 9, ás 19.30 horas, Xornal da Estrada publicará en YouTube o especial A Farola. 1 ano despois no que se repasará como se chegou á votación sobre o farol. Un especial que se publicará coincidindo co aniversario deste feito.

Será unha ampla cronoloxía na que se dará conta do avance do debate político sobre este asunto, ademais dalgunhas anécdotas vencelladas a el, e que comezará coas municipais de 2023 e rematará na actualidade.

Imaxe de portada: farol que dá nome á praza de forma oficiosa // Xornal da Estrada

Comentarios

Deixar un comentario