O Estradense ve recompensada a súa tempada na Gala do Deporte

O Estradense ve recompensada a súa tempada na Gala do Deporte

A ximnasia foi a gran protagonista, impoñéndose en dúas das dez categorías con nominados

Este luns un ateigado Teatro Principal acolleu a VII Gala do Deporte do Concello da Estrada. Os deportistas, clubes, equipos, organizadores e entidades estradenses citáronse para unha nova edición na que se premiou aos mellores en 10 categorías. Ademais, entregáronse catro mencións de honra e o Premio Traxectoria recaeu en Alfonso Sanmartín, tal e como se anunciara.

Javier Martínez Carracedo

Automobilismo

Foi Campión Galego de Ralisprint en 2025. Está en activo dende fai 25 anos.

Dori Carbia

Culturismo natural

En 2025 contou cun amplo palmarés, que detallamos a seguir:

  • Campiona de España 2025 Máster 40 En Sport Model
  • Subcampiona de España 2025 Máster 40 en Runway
  • Semifinalista no Campionato de España 2025 de España Máster 40 en Bikini
  • Campiona fase previa CTO España Trofeo Salamanca

Darío Míguez

Bádminton

Igual que Dori Carbia, neste 2025 conseguiu varias medallas.

  • Campión Galego Sub-17.
  • No 4 do ranking nacional Sub-17.
  • Medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-17.
  • Participación Campionato de España Sub-17

Aroa Martínez

Ximnasia

Este ano fíxose con varios metais, chegando a participar nun Campionato do Mundo.

  • Copa Galicia Internacional ximnasia de trampolin
    2ª tumbling feminino
  • Campionato nacional fase autonómica e Campionato galego individual e clubs base e élite ximnasia trampolín
    1ª élite infantil tumbling feminino
  • Campionato de España individual e nacional base ximnasia trampolín
    3ª elite infantil tumbling feminino
  • Campionato do Mundo de Trampolín por idades (Pamplona)
    11ª do Mundo e 2ª do equipo español no 31o en categoría infantil, modalidade tumbling

Libertad Morales

Judo

O seu dominio a nivel galego e os seus postos en nacionais servíronlle para valerse coa distinción.

  • Campiona Galega Escolar 2025 cadete
  • 5ª en diversas Supercopas e Copas de España.
  • Participación en torneos nacionais (Cantabria, Galicia, Asturias, Andalucía, Canarias…).

Sofía Mosteiro

Club Ximnasia A Estrada

A ximnasia estradense fíxose con numerosos premios a nivel galego e participou en varias probas nacionais.

  • Campións galegos individuais en categoría masculina e feminina.
  • Participación campionatos galegos e de España.
  • Adestradora parte do corpo técnico no Campionato do Mundo de Trampolín Júnior e Competición Pamplona 2025.

CNS A Estrada

Natación

O equipo continúa in crescendo, con metais a nivel galego e varios récords. Ademais, ten un cento de licencias.

  • O equipo absoluto ascendeu a Primeira División Absoluta.
  • O equipo xuvenil masculino proclamouse campión galego, en piscina.
  • Participación campionatos de España.

CD Estradense

Fútbol

Xogou a fase de ascenso a Segunda Federación, ademais da Copa Federación. Foi unha das súas mellores tempadas, coincidindo co seu centenario.

XXI Trofeo de Baile Deportivo

Club Baile Deportivo Sondodance

Participaron máis de 300 persoas, sendo o 85% de fóra do noso concello. Ademais, é unha prob a puntuable do ranking nacional de xuvenil a senior.

Sometal SLU

Sport Team Estrada

Ascenso a 1ª Autonómica na tempada 24-25

UD Fútbol Sala Senior Feminino

14 tempadas seguidas en competición federada. Xoga na 1ª Futgal. Equipo feminino máis antigo do Concello

Agrupación Deporte Escolar de Base A Estrada

Pola promoción e fomento da actividade física e o deporte que fan, sendo partícipes máis de 2.700 alumnos de centros educativos dos concellos da Estrada, Cuntis e Moraña. Realizan actividades como o campo a través, a xornada de Deporte na Rúa ou outras xornadas multideporte.

Manuel Calviño Vilar e José Antonio Balboa Barros

Durante 28 anos foron conserxes do Pavillón Manuel Coto Ferreiro. Comezaron cando se inaugurou en 1982 e xubiláronse o mesmo día en xullo do ano 2010.

Alfonso Sanmartín Carbón

Vencellado ao deporte dende 1964, practica fútbol sala, balonmán, lanzamento de xavelina e, polo que é máis coñecido, baloncesto. A este deporte adicou os derradeiros 36 anos, presidindo a sección de baloncesto do CD Estradense e, ata a súa desaparición en xullo de 2025, o EDM Baloncesto A Estrada

Comentarios

Unha resposta a “O Estradense ve recompensada a súa tempada na Gala do Deporte”

  1. Avatar de GALERÍA | A Gala do Deporte en imaxes – Xornal da Estrada

    […] luns celebrouse a Gala do Deporte. Repasamos algunha das imaxes que nos […]

    Gústame

Deixar un comentario