A ximnasia foi a gran protagonista, impoñéndose en dúas das dez categorías con nominados
Este luns un ateigado Teatro Principal acolleu a VII Gala do Deporte do Concello da Estrada. Os deportistas, clubes, equipos, organizadores e entidades estradenses citáronse para unha nova edición na que se premiou aos mellores en 10 categorías. Ademais, entregáronse catro mencións de honra e o Premio Traxectoria recaeu en Alfonso Sanmartín, tal e como se anunciara.
▶ MELLOR DEPORTISTA MASCULINO 2025
Javier Martínez Carracedo
Automobilismo
Foi Campión Galego de Ralisprint en 2025. Está en activo dende fai 25 anos.
▶ MELLOR DEPORTISTA FEMININA 2025
Dori Carbia
Culturismo natural
En 2025 contou cun amplo palmarés, que detallamos a seguir:
- Campiona de España 2025 Máster 40 En Sport Model
- Subcampiona de España 2025 Máster 40 en Runway
- Semifinalista no Campionato de España 2025 de España Máster 40 en Bikini
- Campiona fase previa CTO España Trofeo Salamanca
▶ MELLOR DEPORTISTA MASCULINO BASE 2025
Darío Míguez
Bádminton
Igual que Dori Carbia, neste 2025 conseguiu varias medallas.
- Campión Galego Sub-17.
- No 4 do ranking nacional Sub-17.
- Medalla de bronce no Campionato de España de Seleccións Autonómicas Sub-17.
- Participación Campionato de España Sub-17
▶ MELLOR DEPORTISTA FEMININA BASE 2025
Aroa Martínez
Ximnasia
Este ano fíxose con varios metais, chegando a participar nun Campionato do Mundo.
- Copa Galicia Internacional ximnasia de trampolin
2ª tumbling feminino - Campionato nacional fase autonómica e Campionato galego individual e clubs base e élite ximnasia trampolín
1ª élite infantil tumbling feminino - Campionato de España individual e nacional base ximnasia trampolín
3ª elite infantil tumbling feminino - Campionato do Mundo de Trampolín por idades (Pamplona)
11ª do Mundo e 2ª do equipo español no 31o en categoría infantil, modalidade tumbling
▶ DEPORTISTA / CLUB REVELACIÓN 2025
Libertad Morales
Judo
O seu dominio a nivel galego e os seus postos en nacionais servíronlle para valerse coa distinción.
- Campiona Galega Escolar 2025 cadete
- 5ª en diversas Supercopas e Copas de España.
- Participación en torneos nacionais (Cantabria, Galicia, Asturias, Andalucía, Canarias…).
▶ MELLOR ADESTRADOR/A 2025
Sofía Mosteiro
Club Ximnasia A Estrada
A ximnasia estradense fíxose con numerosos premios a nivel galego e participou en varias probas nacionais.
- Campións galegos individuais en categoría masculina e feminina.
- Participación campionatos galegos e de España.
- Adestradora parte do corpo técnico no Campionato do Mundo de Trampolín Júnior e Competición Pamplona 2025.
▶ MELLOR CLUB 2025
CNS A Estrada
Natación
O equipo continúa in crescendo, con metais a nivel galego e varios récords. Ademais, ten un cento de licencias.
- O equipo absoluto ascendeu a Primeira División Absoluta.
- O equipo xuvenil masculino proclamouse campión galego, en piscina.
- Participación campionatos de España.
▶ MELLOR EQUIPO 2025
CD Estradense
Fútbol
Xogou a fase de ascenso a Segunda Federación, ademais da Copa Federación. Foi unha das súas mellores tempadas, coincidindo co seu centenario.
▶ MELLOR EVENTO DEPORTIVO 2025
XXI Trofeo de Baile Deportivo
Club Baile Deportivo Sondodance
Participaron máis de 300 persoas, sendo o 85% de fóra do noso concello. Ademais, é unha prob a puntuable do ranking nacional de xuvenil a senior.
▶ ENTIDADE DE APOIO AO DEPORTE
Sometal SLU
▶ MENCIÓN DE HONRA
Sport Team Estrada
Ascenso a 1ª Autonómica na tempada 24-25
▶ MENCIÓN DE HONRA
UD Fútbol Sala Senior Feminino
14 tempadas seguidas en competición federada. Xoga na 1ª Futgal. Equipo feminino máis antigo do Concello
▶ MENCIÓN DE HONRA
Agrupación Deporte Escolar de Base A Estrada
Pola promoción e fomento da actividade física e o deporte que fan, sendo partícipes máis de 2.700 alumnos de centros educativos dos concellos da Estrada, Cuntis e Moraña. Realizan actividades como o campo a través, a xornada de Deporte na Rúa ou outras xornadas multideporte.
▶ MENCIÓN DE HONRA
Manuel Calviño Vilar e José Antonio Balboa Barros
Durante 28 anos foron conserxes do Pavillón Manuel Coto Ferreiro. Comezaron cando se inaugurou en 1982 e xubiláronse o mesmo día en xullo do ano 2010.
▶ PREMIO Á TRAXECTORIA
Alfonso Sanmartín Carbón
Vencellado ao deporte dende 1964, practica fútbol sala, balonmán, lanzamento de xavelina e, polo que é máis coñecido, baloncesto. A este deporte adicou os derradeiros 36 anos, presidindo a sección de baloncesto do CD Estradense e, ata a súa desaparición en xullo de 2025, o EDM Baloncesto A Estrada


Deixa unha resposta a GALERÍA | A Gala do Deporte en imaxes – Xornal da Estrada Cancelar a resposta