Ribela terá as súas propias badaladas

Ribela terá as súas propias badaladas

Tamén celebrarán a segunda edición do Chocobingo

Este 31 de decembro Ribela despedirá o ano tomando as uvas na contorna da fonte de Santa Mariña. Será ás 12 do mediodía cando os veciños da parroquia tomen as uvas e brinden polo ano que entra.

Por outra banda, o 6 de xaneiro ás 16.00 horas celebrarán na Escola de Ribela, no lugar de Carracedo, a segunda edición do Chocobingo. Terán chocolate con rosca, premios e varias sorpresas.

Comentarios

Deixar un comentario