Este martes a conselleira de Medio Rural, María José Gómez, visitou acompañada polo alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e os concelleiros Amalia Goldar e Óscar Durán as instalacións de Río Ulla SAT, da familia Touceda Matalobos. Alí anunciou que a Xunta de Galicia destinará 172.000 euros dos orzamentos a un novo programa de apoio a produtores de froitas e hortalizas co obxectivo de “seguir sendo referentes” na produción hortícola.
As instalacións visitadas no concello estradense, está centrada na produción de amorodos, xudías e pementos, entre outras plantacións. Conta cunha cabana gandeira de 25 vacas e, na época de máis produción, dá traballo a unhas 14 persoas.
Imaxe de portada: visita ás instalacións de Río Ulla SAT // Xunta de Galicia

Deixar un comentario