Ás 12.00 horas do mediodía do 31 de decembro algo máis dunha vintena de persoas reuniuse na contorna da Fonte de Santa Mariña de Ribela para celebrar a chegada do 2026 comendo 12 lambetadas ao son das badaladas da igrexa da parroquia. Despois, brindaron e viviron un momento de reunión distendida entre veciños.

Por outra banda, o 6 de xaneiro ás 16.00 horas celebrarán na Escola de Ribela, no lugar de Carracedo, a segunda edición do Chocobingo. Terán chocolate con rosca, premios e varias sorpresas. Non é necesario inscribirse e a participación é gratuíta.
Imaxe de portada: asistentes ás badaladas de fin de ano // Xornal da Estrada

Deixar un comentario