Este luns o BNG da Estrada, a través do seu portavoz, Xoán Reices, presentou unha moción para o seu debate nun pleno do Concello para esixir a reparación e posta en valor de parte do patrimonio local, en concreto, das pontes de Liñares e Paradela.
En canto aos motivos, sinalan que a ponte de Liñares atópase en “grave perigo de derrube” e a de Paradela podería seguir o mesmo camiño de non tomarse medidas con urxencia.
Tamén falamos da conservación do patrimonio en
Guimarei festexou o regreso do seu cruceiro
Hai catro anos foi derrubado por unha pala durante unhas maniobras
Fundaméntanse na Lei 5/2016 do Patrimonio Cultural de Galicia, segundo a que as administracións locais teñen o deber legal de “protexer, difundir e fomentar” o seus bens patrimoniais. “Non somos os propietarios deste patrimonio, senón os seus custodios, e como tales é a nosa obriga protexelos e preservalos para as xeracións futuras”, asegurou Reices.
Por iso, na moción presentada solicitan que se cree unha partida orzamentaria para a rehabilitación de ambas infraestruturas, incluír ambos monumentos nun plan regrado de mantemento do patrimonio local e instalar sinaléctica para que a cidadanía poida “localizar, achegarse e gozar destes bens patrimoniais sen dificultades”.
Imaxe de portada: Ponte de Liñares // BNG

Deixar un comentario