Sábado de Entroido en Arnois

Sábado de Entroido en Arnois

Este sábado 21 Arnois vai celebrar o Entroido. Ás 10.00 horas comezará un percorrido pola parroquia, que contará cun xantar popular para todo aquel que participe. Ás 18.00 horas terá lugar o desfile de comparsas, disfraces e Xenerais, que farán o seu atranque unha hora despois. A festa rematará co tradicional “playback” dos veciños e veciñas, que dará inicio ás 20.00 horas, e cun DJ. Presentará Damián Cortés, actual director de Radio Estrada.

Comentarios

Deixar un comentario