Programan un encontro para darlle voz á xuventude estradense

Programan un encontro para darlle voz á xuventude estradense

A Asociación Imaxina e Axuda organizou para este venres 27 un econtro informal entre diferentes políticos e a xuventude estradense. Dará comezo ás 18.00 horas en Yu Lugar de Encuentro e con el, asegura Laura Piso dende a asociación, buscan que “a mocidade lle perda o medo que ten a falar cos partidos políticos”.

Isto, comenta, fano despois de realizar varias enquisas nos institutos e constatar que non existe un diálogo entre xuventude e goberno, e viceversa. Neste encontro, que se fará consumindo algo, exporanse as distintas alternativas para a xuventude coas que contan dende o Concello da Estrada e escoitaranse as necesidades da mocidade estradense.

Do mesmo xeito, Laura Piso presentará o programa Actuación Xove, que ten entre as súas actividades a publicación quincenal no Xornal da Estrada de artigos sobre a situación da mocidade, e as conclusións que están sacando e o programa do Injuve Diálogo con la Juventud, que busca achegar a democracia á mocidade.

O acceso é libre, sen necesidade de inscrición previa.

Imaxe de portada: Encontro mozo, unha das inciativas pasadas de Imaxina e Axuda // Imaxina e Axuda / Arquivo

Comentarios

Deixar un comentario