O PP pide a dimisión de Puente pola “discriminación, abandono e castigo” á comarca

O PP pide a dimisión de Puente pola “discriminación, abandono e castigo” á comarca

O PP da provincia de Pontevedra presentou este martes na en Vialia Estación de Vigo unha moción para pedir a dimisión de Óscar Puente e que se levará ao pleno da Deputación deste venres. Esta foi presentada pola vicepresidente provincial e presidenta do PP de Vigo, Luisa Sánchez, e polo voceiro do grupo provincial e alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela.

Aseguraron que reclaman a dimisión do ministro de Transportes e Mobilidade Sostible pola “demostrada discriminación, reiterado abandono e inmerecido castigo” co que, din, trata á provincia. Entre os motivos atópanse a supresión do AVE a Vigo por Cerdedo, o bloqueo da transferencia da AP-9, a paralización da reforma do nó de Bombeiros en Pontevedra, a falta de solucións aos anegamentos na PO-11 entre Pontevedra e Marín e o mal estado das estradas nacionais.

Reprocharon o estado “terceiromundista” das estradas N-525, N-640 e N-541 en Lalín, Silleda, Agolada, Dozón, A Estrada, Forcarei e Cerdedo-Cotobade que “xeran un claro risco de accidente para os seus usuarios, e aí están os seus terribles datos de sinistralidade”, tal e como sinalan os deputados populares. en materia de estradas sufrimos palmarios incumprimentos de importantes proxectos comprometidos en Ponteareas, Caldas –coa terrible proposta da Variante Oeste–, Cuntis, Forcarei ou Cerdedo-Cotobade, entre outros, polo que, polas vidas e pola seguridade dos pontevedreses temos que pedirlle, con total responsabilidade, que admita a súa incompetencia ou a súa mala fe e que se marche”, concluíron.

Imaxe de portada: os deputados populares na estación de Vigo // PP de Pontevedra

Comentarios

Deixar un comentario