O domingo 22 de marzo A Estrada celebrará unha nova edición da Festa do Maior, para a que xa está aberta a licitación do contrato. Este edición chega despois da que xerou a pasada edición, na que parte dos comensais quedaran sen comida e iso fixo necesario recurrir a outra empresa para que todos os asistentes puidesen comer.
Para esta edición da Festa do Maior licítase un contrato cun orzamento de 29.000 euros máis IVE, quedando o total en 31.900 euros. O prazo de presentación de ofertas remata o martes 3 de marzo e para a súa avaliación teranse en conta cinco criterios con diferente ponderación.
O criterio principal será o prezo, que poderá outorgar ata 50 puntos, é dicir, a metade dos puntos máximos totais. Ségueno a memoria técnica (20 puntos), a inclusión de photomatón no xantar (15 puntos) e contar con entrantes adicionais (10 puntos) e cunha sobremesa máis (5 puntos).
A pasada edición estivo marcada polo feito de que case 50 dos 700 comensais quedaron sen segundo prato, o que obrigou a pedirlle comida ao Restaurante Río Liñares para suplir esta falta. Ademais da imposición dunha sanción á empresa adxudicataria, este suceso abriu un debate sobre se era necesario incluír nos pregos un criterio de proximidade ou non, algo que non se fará na edición de 2026.
Imaxe de portada: Festa do Maior 2025 // Concello da Estrada

Deixar un comentario