Un ferido tras caer por un terraplén en Mesego

Un ferido tras caer por un terraplén en Mesego

Unha persoa resultou ferida nunha saída de vía ocorrida na estrada municipal que une Cuntis co lugar de Mesego, na mesma parroquia de Cuntis. O suceso ocorreu ás 7.30 horas deste mércores cando o 112 recibiu un aviso do 061.

Nun primeiro momento pensouse que podería ser necesario excarcerar ao ocupante posto que caera por un terraplén, aínda que, finalmente, bastou coa axuda dos equipos de emerxencia para subir o ferido ata a estrada e recibir a atención médica. Tras isto, foi trasladado ao hospital de referencia.

Ademais do 061, mobilizáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico, Bombeiros do Salnés, Policía Local de Cuntis e Emerxencias de Cuntis.

Imaxe de portada: vehículo sinistrado // Concello de Cuntis

Comentarios

Deixar un comentario