La Estación mobilizou máis fondos grazas á súa actividade que ao financiamento público

La Estación mobilizou máis fondos grazas á súa actividade que ao financiamento público

O Centro Xuvenil La Estación fixo este mércores balance do 2025, ano no que lograron recaudar máis cartos ca os que lles proporcionan as administracións. Segundo comentan, isto demostra que “cando a xuventude dispón de espazo, autonomía e responsabilidade, non só responde: lidera”.

Segundo comentan nun comunicado remitido á prensa, a xuventude conseguiu mobilizar case 34.000 euros en total. Coa campaña “La Estación de Oportunidades, que contou con cinco meses de programación todos os sábados e implicou a máis de 12 colectivos xuvenís, contou cunha inversión directa de 11.450 euros. A través dos cinco eventos que realizaron fóra do municipio da Estrada xeraron 7.500 euros de fondos propios. En canto a subvencións externas ao Concello, lograron 15.000 euros, “obtidos en concurrencia competitiva grazas á xestión da entidade”.

A iso engádenselle as máis de dez accións de voluntariado no municipio, que se realizaron fóra dos programas propios, e a actividade continuada no centro xuvenil mediante os adestramentos de jugger, o programa Erasmus+, a Noite de Xogos, os seus espazos asociativos activos e o programa de radio Os Xoves dos Xoves.

Agradecen a aportación do Concello nos anos 2024 e 2025 financiando os programas Bolboretas, Atacamos polo Nadal, Xfest e A fume de carozo, para os que se destinaron 6.000 euros.

“Sen embargo, os datos son claros: a inversión económica e humana realizada pola xuventude e os seus colaboradores supera amplamente a aportación municipal directa ao proxecto estructural”, comentan dende o centro xuvenil antes de lembrar que La Estación é un punto de desenvolvemento persoal e colectivo onde os participantes aprenden a traballar en equipo, practicar a igualdade real na toma de decisións ou a xestión de conflitos dende o diálogo.

Consideran necesaroi dispor dun espazo estable que “empodere e fortalece a identidade comunitaria” da xuventude, pois é “unha inversión en cohesión social e futuro colectivo”. “A revolución positiva de 2025 confirma algo aínda máis importante: a xuventude non só é destinataria de políticas públicas. É axente activo de transformación”, engaden dende La Estación.

Relacionado

¿Y la juventud pa’ cuándo?

Liderazgo juvenil y participación social: una inversión colectiva impostergable

Asociación Ocionautas – Centro Juvenil La Estación, A Estrada

Asemade, esixen unha maior participación das administracións públicas porque “é unha ferramenta para garantir a estabilidade e eficiencia en proxectos que xa demostraron o seu impacto”. “Consideramos necesario que as administracións competentes — Concello, Deputación e Xunta de Galicia — validen públicamente o labor desenvolvido e acompañen este compromiso xuvenil cun financiamento acorde ao seu impacto real”, instan.

Do mesmo xeito, convidan á reflexión. “Que municipio queremos construír: un que reacciona ou un que anticipa? Podemos permitirnos perder espazos onde a xuventude aprende a liderar, cooperar e coidar da súa comunidade? É razoable que quen sostén o proxecto co seu tempo e recursos aporten máis que a estrutura institucional?”, preguntan ao aire.

Imaxe de portada: Rapaces participantes das actividades de La Estación // La Estación / Arquivo

Comentarios

Deixar un comentario