Extinguen un incendio intencionado en Arcos, no límite entre Cuntis e A Estrada

Extinguen un incendio intencionado en Arcos, no límite entre Cuntis e A Estrada

No mediodía deste luns declarouse un incendio forestal en Ferreiros, na parroquia de Arcos de Furcos (Cuntis), no límite fronteirizo do concello cuntense co da Estrada. Este lume, que dende o Concello de Cuntis apuntan a que foi intencionado, calcinou 1,7 hectáreas.

O incendio tería comezado nunha zona na que non se estaba realizando ningunha queima, polo que tería sido intencionado. Na súa extinción participaron un axente forestal, 2 brigadas de Medio Rural, un helicóptero, unha motobomba de Medio Rural e unha motobomba do Concello de Cuntis. Do mesmo xeito, tamén se desprazaron ata alí a Garda Civil de Cuntis e o alcalde do concello, Manuel Campos.

085

Teléfono para avisar de incendios forestais

Imaxe de portada: incendio forestal en Ferreiros, Arcos de Furcos // Cedida

Comentarios

Deixar un comentario