O documental 360 Curvas, codirixido pola estradense Ariadna Silva Fernández gañou na noite deste sábado a Mestre Mateo ao Mellor Documental. Foi a propia Silva quen tomou a palabra para “agradecer e adicarlle o premio ao pobo da Fonsagrada por ser un claro exemplo de dignidade e de que a unión fai a forza”, así como todo o apoio que lles ofreceron os veciños na rodaxe.
‘360 Curvas’, longametraxe nominada aos Mestre Mateo, no Minicines Central
Está codirixida pola estradense Ariadna Silva
“É unha historia que sentimos como propia”, asegurou a estradense antes de agradecer “ás salas de cinema que apostaron por este documental” e a todos os que se achegaron a elas para ver este documental e para participar nos coloquios.
Concluíu cunha referencia ás súas orixes: “un saúdo para A Estrada, en especial para a miña familia e ás miñas amigas”.
Sinopse
360 curvas marcan a distancia que separa A Fonsagrada de Lugo. Este camiño longo, difícil e descendente entre montañas reflicte o declive dun lugar que, a comezos dos anos 90, decidiu loitar pola súa supervivencia.
360 Curvas explora os conflitos sociais que aconteceron na Fonsagrada a comezos dos anos 90, coñecidos como “As Movidas”. Unha loita pioneira contra a desaparición do mundo rural, precursora do movemento da España Vaciada.
Sobre aquilo, sobre hoxe e sobre mañá vai o filme.
Presenza de estradenses
Durante a gala tamén tivo protagonismo outro estradense. O actor Darío Loureiro, quen foi gañador dun Mestre Mateo hai un ano, foi o encargado de entregar varios galardóns. Ademais, tamén estivo o concelleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, o estradense José López Campos.
Imaxe de portada: Ariadna Silva durante o seu discurso // Captura de pantalla / TVG


Deixa unha resposta