Etiqueta: guerra

  • Putin ten minada a central nuclear máis grande de Europa, segundo Ucraína

    Putin ten minada a central nuclear máis grande de Europa, segundo Ucraína

    As autoridades ucraínas atópanse en alerta máxima dado que Rusia podería voar a central nuclear de Zaporiyia, en Ucraína. Esta central é a máis grande de Europa e, segundo Zelensky- o presidente de Ucraína-, a comunidade internacional non presta a atención suficiente á “ameaza rusa” sobre esta central. Segundo afirmou, compartiu esta inormación cos socios de Ucraína para “previr calquera accidente de radiación”.

    O pasado venres o xefe da intelixencia militar ucraína, Kyrylo Budanov, alertou de que Rusia estaría preparando un ataque a dita planta nulear. Segundo comentou nunha entrevista na revista New Statesman, Rusia xa tería rematado os preparativos para atacala en caso de darse algunha das dúas posibles situacións.

    A primeira situación sería facela estourar no momento no que Rusia perda o control sobre a beira esquerda do río Dniéper. Deste xeito, crearíase unha zona de destrucción e exclusión que pararía a contraofensiva ucraína.

    O segundo escenario sería empregar o desastre nuclear como “medida preventiva” antes de que comezara a contraofensiva dos invadidos.

    Para levar a cabo isto, detallou Budanov, o Kremlim minou as plantas de enfriamento da central, polo que os reactores poderían derreterse nun prazo de 10 horas a 14 días. Ademais, terían trasladado vehículos explosivos a catro das seis unidades de potencia da central. “A situación nunca foi tan grave como agora”, asegurou.

    Como consecuencia, o Ministerio de Interior ucraíno ten a tarefa de preparar a poboación para aprender a responder ante unha posible catástrofe nuclear.

  • “Agardade polo noso sinal, a liberdade achégase”: en Belarús podería pasar o mesmo que en Rusia

    “Agardade polo noso sinal, a liberdade achégase”: en Belarús podería pasar o mesmo que en Rusia

    O reximento Kalinousky, composto por voluntarios belorruses contrarios a Lukashenko loitando por Kiív, pediu nunha breve mensaxe á cidadanía e reservistas que estean preparados para cando chegue o seu sinal, afirmando que “a liberdade achégase”.

    A mensaxe comeza incidindo que “as condicións favorables para a destrución da ditadura estánse achegando rápidamente”. Nela afírmase que dispoñen de grandes reservas en Belarús e remata pedindo “estade preparados para o noso sinal! A liberdade achégase”.

  • Putin blinda Moscova e rumoréase que fuxiu da cidade

    Putin blinda Moscova e rumoréase que fuxiu da cidade

    O convoi do grupo Wagner xa se atopa a menos de 400 quilómetros de Moscova, despois de que lle declararan a guerra ao Ministro de Defensa.

    Dada a situación, está activo o “plan antiterrorista” e está pechada a M-40. Os militares foron despregados no país e, segundo a intelixencia militar ucraína (GUR), “Mosclva prepárase para un asedio”.

    “Moscova está practicamente illada polas forzas policiais e as unidades militares”. “Hai patrullas en cada cruce e nas saídas da cidade” e “un gran número de autobuses sen matrícula ou inscricións con homes armados no seu interior circulan pola cidade”, engade a GUR.

    Segundo esta mesma fonte, o equipamento militar que se atopaba nas rexións fronteirizas está sendo trasladado á capital rusa e hai postos de control vixiados con armas en todas as saídas da autopista. Ademais, informan, as autoridades rusas teñen permiso para “escoitar calquera conversa e revisar a correspondencia, levar a cabo detencións e cacheos e acceder a oficinas e vivendas”.

    A BBC informou que os edificios públicos da cidade están sendo desaloxados.

    Posible fuxida de Putin

    Con este escenario, difundiuse a través das redes sociais o rumor de que Putin tería fuxido de Moscova e iría dirección San Petersburgo. O goberno ruso negouno.

  • Rusia ante o inicio dunha guerra civil: Wagner sublévase

    Rusia ante o inicio dunha guerra civil: Wagner sublévase

    Rusia atópase ante o que pode ser o inicio dunha guerra civil no país: onte á noite o grupo Wagner, un grupo de mercenarios, declaroulle a guerra ao Ministro de Defensa alegando que o exército ruso atacara campamentos de retaguarda do grupo. O goberno de Putin desmentiu ese posible ataque e, o Presidente do país, anunciou, referíndose ao grupo Wagner, que se van enfrontar aos traidores da patria.

    O levantamento militar comezou na cidade de Rostov do Don e está avanzando cara o norte. Segundo diversas fontes, os sublevados atópanse na rexión de Voronezh, a un 500 quilómetros ao sur de Moscova. Como reacción a isto, cortouse a autovía M-40 en diferentes tramos para impedir o avance de Wagner.

    Rusia despregou o seu exército como parte do “plan antiterrorista” e conta co apoio dos chechenos.

    PHDnoticias continuará informando ao longo do día do que vaia sucedendo en diferentes artigos.

  • Rusia acusa a Ucraína de atacar o Kremlin

    Rusia acusa a Ucraína de atacar o Kremlin

    O Kremlin sufriu un ataque cun dron. Rusia acusa a Ucraína de atacalos e de intentar matar a Putin. Ucraína negou calquera tipo de responsabilidade e lembrou que o seu obxectivo é “liberar o seu propio territorio”, non “atacar o dos outros”.