Na tarde deste luns celebrouse no Novo Mercado unha manifestación en apoio a Palestina. Baixo o lema “Do río ao mar, Palestina vencerá” denunciaron as mortes de menores producidas polos ataques de Israel e mostráronse disconformes coa postura dos diferentes gobernos, que “apoian o imperialismo israelí”.
Na manifestación houbo representantes do BNG e do PSOE local.
Imaxe de portada:
Manifestación en apoio a Palestina // O Xornal da Estrada


Deixa unha resposta