- Páxina de inicio
-
Angrois, a traxedia narrada 10 anos despois
-
Ancorados celebrará o Berry & Cider Fest
O venres 28 celebraráse en Ancorados a primeira edición do Berry & Cider Fest. Nela haberá degustacións, polbo, churrasco e sidra e estará amenizado por Tributo Treixadura, Sabor Latino, El 4º Sentido, Supermirafiori e o DJ Carlos López. Os festexos comezarán ás 18.00h na Finca de Arandos.
-
San Miguel de Castro celebra a I edición da Festa do Bolo Preñado
O vindeiro 25 de xullo a parroquia estradense de San Miguel de Castro celebrará a primeira edición da Festa do Bolo Preñado. Os actos da festa comezarán ás 10.00h cunha ruta de sendeirismo que sairá do campo da festa de Seixo. Ás 13.00h haberá unha sesión vermú e, a posteriori, dará inicio o xantar. Tanto…
-
Romaría de Santa Mariña en Orazo
Este 25 de xullo celebraráse en Castrovite, Orazo (A Estrada) a romaría de Santa Mariña. Ás misas celebraránse ás 10.00, 11.00 e, a última -que será solemne-, ás 13.00h. A Banda Municipal da Estrada dará un concerto ás 12.00 e amenizará a sesión vermú. Despois, haberá un xantar popular animado polo grupo Folclórico. Á tarde-noite…
-
Santa Cristina de Vea honra á súa patroa
Este luns 24 dará inicio a festa patronal de Santa Cristina de Vea (A Estrada). Os actos comezarán cunha misa solemne ás 13.30h e a posterior sesión vermú co grupo Kalima. Pola noite, a verbena correrá a cargo dos grupos Kalima e Nueva Era. O martes 25 honrarán ao Santísimo Sacramento cunha misa solemne ás…
-
Un ciclista ferido de consideración nun accidente en Cereixo
Un ciclista de 71 anos resultou ferido de consideración ao bater cun coche en Cereixo esta tarde. O home, residente en Pernaviva, foi trasladado ao centro de saúde e, posteriormente, ao hospital Clínico de Santiago.
-
A Xunta Electoral Central amplía o prazo para votar por correo
A Xunta Electoral Central anunciou que o prazo para votar por correo amplíase ata mañá venres ás 14.00h. Esta decisión chega tras a solicitude realizada por Correos para que os electores que aínda non puideran recoller a documentación por cambio de domicilio ou outra circunstancia poida exercer o seu dereito ao voto. Segundo os datos…
-
“Ata o punto de poñelos a chorar”. As malas condicións de traballo nos locais dun empresario na Estrada
Hai uns días creouse en Facebook a conta Denuncia explotación laboral A Estrada e xa está tendo importantes denuncias. Entre elas destacan as de varios usuarios sobre un popular grupo de cafeterías do concello. Na última publicación da conta lemos o testemuño dunha persoa que estivo alí traballando durante 11 meses. Dita persoa indica que…
-
O BNG descarta que Vanesa Iglesias dimita
Nunha reunión celebrada onte no BNG da Estrada descartouse a posibilidade de que Vanesa Iglesias, concelleira de dito partido, dimita tras a polémica xurdida por un comentario en Instagram sobre o aborto de Isabel Díaz Ayuso. Xoán Reices, portavoz da formación na Estrada, dixo que ela “cometeu un erro” pero que “rectificou, eliminando o comentario”…
-
José López pide que dimita Vanesa Igesias tras a súa polémica sobre Ayuso
O alcalde da Estrada, José López Campos, pediulle a Vanesa Iglesias, número 2 do BNG no concello, que dimita tras as súas polémicas palabras sobre o aborto de Isabel Díaz Ayuso. Iglesias comentara nunha publicación na rede social Instagram que “nin o bebé quere ser o seu fillo…” e viuse obrigada a borrar o comentario…