José López pide que dimita Vanesa Igesias tras a súa polémica sobre Ayuso

O alcalde da Estrada, José López Campos, pediulle a Vanesa Iglesias, número 2 do BNG no concello, que dimita tras as súas polémicas palabras sobre o aborto de Isabel Díaz Ayuso. Iglesias comentara nunha publicación na rede social Instagram que “nin o bebé quere ser o seu fillo…” e viuse obrigada a borrar o comentario e pedir disculpas públicas.

López Campos comentou en Facebook que “esta barbaridade de comentario da nº 2 do BNG da Estrada desprende unha xenreira e un odio contra outra muller, simplemente porque pensa distinto, que a incapacita para ser concelleira na Estrada”.

“Non é a primeira vez que amosa que non sabe o lugar que ocupa”, engade, “pero isto xa supera todos os límites, polo que non me queda máis remedio que pedirlle que dimita”. E, no caso de que non o faga, para López Campos debería ser Ana Pontón “quen lle sinale a porta de saída, porque fraco favor lle fai unha persoa así ao BNG e á política en xeral”.

Por último, escribiu que “Ese comentario non foi un desliz, senón que reflectía unha forma de pensar máis próxima ao nazismo que á democracia na que temos a sorte de vivir e que temos a obriga de coidar”.

“Na vida en xeral, pero aínda máis na vida política, hai cousas inaceptables e esta barbaridade de comentario da nº 2 do BNG da Estrada desprende unha xenreira e un odio contra outra muller, simplemente porque pensa distinto, que a incapacita para ser concelleira na Estrada. Non é a primeira vez que amosa que non sabe o lugar que ocupa, pero isto xa supera todos os límites, polo que non me queda máis remedio que pedirlle que dimita. E se non o fai ela por iniciativa propia, debería ser Ana Pontón, quen por certo vai estar este domingo na Estrada, quen lle sinale a porta de saída, porque fraco favor lle fai unha persoa así ao BNG e á política en xeral. Síntoo moito, pero a min, e penso que a moita máis xente, non nos vale con borrar o comentario e pedir disculpas por orde do partido para non prexudicar a súa estratexia política. Ese comentario non foi un desliz, senón que reflectía unha forma de pensar máis próxima ao nazismo que á democracia na que temos a sorte de vivir e que temos a obriga de coidar.”

José López Campos, alcalde da Estrada, vía Facebook

Tamén Móvete mostrou a súa repulsa sobre o comentario de Iglesias a través de Facebook.

“Desde Móvete amosamos a nosa repulsa e
rexeitamento ante os desafortunados comentarios
levados a cabo por unha concelleira da nosa corporación ao respecto da noticia sobre o aborto sufrido por Isabel Díaz Ayuso. Consideramos que a sororidade demóstrase non frivolizando sobre unha cuestión persoal tan delicada como esta.

Non todo vale.”

Móvete, vía Facebook

Comentarios

Deixa unha resposta

Descubre máis desde Xornal da Estrada

Subscríbete agora para seguir lendo e obter acceso ao arquivo completo.

Seguir lendo