Etiqueta: 112
-
Un ciclista ferido de consideración nun accidente en Cereixo
Un ciclista de 71 anos resultou ferido de consideración ao bater cun coche en Cereixo esta tarde. O home, residente en Pernaviva, foi trasladado ao centro de saúde e, posteriormente, ao hospital Clínico de Santiago.
-

Terremoto de 3,8 graos fronte a ría de Muros-Noia
O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou un terremoto de magnitude 3,8 na escala de Richter fronte á ría de Muros-Noia. O sismo produciuse ás 3.45 horas desta madrugada, tivo unha profundidade de 19 quilómetros e produciuse a 30 quilómetros da costa.
O tremor non provocou nin incidencias nin chamadas ao 112.
-

Unha mestra nai de dous fillos, unha promesa do boxeo galego… estas son as vítimas do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade
Varias localidades e institucións vestíronse de loito polas sete vítimas mortais do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade.
A vítima máis nova, de 21 anos, era unha promesa do boxeo galego. Trátase de Eneas Valverde Ruibal, un veciño de Nigrán que regresaba a casa desde Lugo, onde estudaba. O Concello decretou 3 días de loito oficial.
Outros dous dos falecidos son nai e fillo. Falamos de Cruz Castro Eiras -unha xubilada que traballou nunha pastelería- e Jaime Val Castro. Ambos residían en Lalín pero eran naturais de Agolada.
De Agolada tamén era María Mercedes Castro Blanco, de 58 anos. Era unha gandeira xa xubilada e exmuller dun concelleiro do PP da localidade.
A educación vistiuse de loito por Guadalupe Díaz González, de 44 anos. Era natural de Lugo, pero residía en Lalín. Tiña dous fillos de 8 e 5 anos e impartía clases de lingua castelá e literatura no IES Número 1 do Carballiño, onde comezara este ano, aínda que tamén formou alumnos en Lalín, nos IES Laxeiro e Ramón María Aller Ulloa.
A sexta vítima é Edit, unha muller peruana residente en Soutomaior que collera o autobús na parada anterior ao accidente porque saíra de traballar da vivenda na que coidaba a unha persoa maior.
Da sétima vítima, rescatada esta mañá, só se sabe que se trata dunha muller duns 50 anos que acompañaba á sobrevivinte.
Os Concellos de Nigrán, Agolada, Lalín e Cerdedo-Cotobade decretaron varios días de loito oficial e as bandeiras ondean a media asta.
Todas as familias dos falecidos recibiron apoio psicolóxico
-

Atópase un terceiro cadáver no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade
Os operativos de emerxencias desprazados ata Pedre en Cerdedo-Cotobade polo accidente no que un autobús caiu ao río Lérez acaban de atopar un terceiro corpo polo que pasan a ser 3 os mortos, 2 os desaparecidos e 2 os rescatados con vida.
Noticias relacionadas:
2 mortos e 3 desaparecidos ao caer un autobús ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade
Retomada a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade
-

Reanudada a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús en Cerdedo-Cotobade
Esta mañá retomouse a busca dos 3 desaparecidos no accidente de autobús que se produciu onte á noite en Cerdedo-Cotobade: nel un autobús pertencente á empresa Monbus precipitouse ao río Lérez ao seu paso por Pedre. A busca foron suspendida onte á noite polas malas condicións que se rexistraban: “Un elevado caudal do río Lérez, moita corrente e un nivel de auga no interior do autocar que xa tocaba o teito do vehículo”.
Durante a noite conseguiuse rescatar con vida ao condutor do vehículo, C. M. C., de 63 anos, e a unha muller, M. R. G. R. Ambos foron trasladados aos hospitais Clínico de Santiago e Montecelo, respectivamente. Ademais, tamén se atoparon os corpos de outros dous ocupantes.



