Etiqueta: #A Estrada

  • Dous días de música tradicional en Couso

    Dous días de música tradicional en Couso

    A parroquia celebra unha nova edición do seu As Nosas Músicas.
    (máis…)
  • A liga de inverno da Estrada Tennis League comezará en setembro

    A liga de inverno da Estrada Tennis League comezará en setembro

    Na fase regular da liga os participantes terán que poñerse de acordo para decidir a sede dos seus partidos.
    Consulte aquí toda a información sobre a ETL
    (máis…)
  • A casa maldita da Estrada

    A casa maldita da Estrada

    O PSOE instou ao goberno a arranxar o tramo de maneira definitiva.
    (máis…)
  • Mantéñense as cifras de paro na comarca

    Mantéñense as cifras de paro na comarca

    A Xunta de Galicia publicou as cifras de paro nos concellos de Galicia. Na comarca de Tabeirós-Terra de Montes as cifras só baixaron nunha persoa. Por concellos, A Estrada conseguiu baixar da cifra dos 800 parados ao ter dous desempregados menos, Cerdedo mantense nos 58 parados e, Forcarei, sube un ata os 95.

    Gráfico interactivo. Pulse no nome dos meses para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende

    Por sectores, é o dos servizos o que máis parados aporta (645), seguido da industria (118), da construcción (75), dos cidadáns que buscan o seu primeiro emprego (67) e da agricultura e pesca (46). O concello que máis aporta en todos os casos é o da Estrada.

    Gráfico interactivo. Pulse no nome dos concellos para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende

    En canto ás idades, só hai 29 menores de 25 desempregados. Amais, hai 547 mulleres maiores de 25 anos sen emprego e 375 homes maiores de dita idade.

    Gráfico interactivo. Pulse no nome dos concellos para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende
  • O PSOE denuncia a mala consevación das zonas de baño públicas

    O PSOE denuncia a mala consevación das zonas de baño públicas

    O líder do PSOE na Estrada, Luis López Bueno, denunciou o mal estado de conservación das zonas de baño públicas no concello. López Bueno asegura que atópanse descoidadas e bota en falta “actuacións prometidas unha e outra vez polo PP local”.

    Segundo o líder socialista, nas pincinas estánse despegando as pezas de gresite do vaso principal que se arranxaran hai pouco. Amais, critica o estado da zona de xogo infantil, que ten todos os elementos – incluído o valado perimetral – en mal estado, e a existencia de duchas precintadas.

    López Bueno tamén se desprazou ata a praia fluvial de Liñares, onde comentou que os baños atópanse “nunha situación de dubidosa salubridade, por ser amables co PP”. Tamén lamentou a existencia de xogos infantís precintados pola Policía Local e dun tobogán que non cumpre a normativa.

    O socialista lamentou que non chegaran as melloras anunciadas á praia fluvial e ás piscinas municipais e calcula que A Praíña, en Couso, e O Areal, en Berres, reciben uns 1.000 usuarios ao día, mentras que nas instalacións municipais “apenas chegan a 150”. Bueno atribúe estas malas cifras á “devaluación continua” dos espazos do baño de xestión municipal por falta de mantemento.

  • ADEGA Ecoloxismo leva aos tribunais o parque eólico Campo das Rosas

    ADEGA Ecoloxismo leva aos tribunais o parque eólico Campo das Rosas

    A asociación ecoloxista ADEGA presentou un contencioso-administrativo contra a autorización da Xunta ao parque eólico Campo das Rosas. Tal e como recollen, nos montes da Estrada, Cerdedo-Cotobade e Campo Lameiro no que se queren instalar os eólicos existe un tipo de fento considerado en perigo de extinción, o Lycopodiella inundata, e hai turbeiras protexidas, que non apareceron nin no Estudo de Impacto Ambiental (EIA) nin na Declaración de Impacto Ambiental (DIA). Ademais, os eólicos tamén se instalarían nos montes nos que se atopan os cabalos da Rapa das Bestas de Sabucedo.

    Segundo ADEGA, as infraestruturas do parque eólico poderían provocar a desaparición dalgunhas turbeiras e modificaríase o fluxo da auga provocando unha importante alteración do réxime hídrico. Tamén, engaden, o licopodio das brañas – Lycopodiella inundata -, cuxa maior poboación atópase en ditos montes, podería chegar a desaparecer e a provocar a extinción da especie.

  • Unha rúa para non pasar

    Unha rúa para non pasar

    Hai uns días fixéronse públicas nas redes sociais unhas queixas pola maleza que invade unha beirarrúa na rúa Manuel Cabada Vázquez da Estrada. A maleza procede duha finca particular e imposibilita o paso por dita beirarrúa.