Etiqueta: accidentes

  • ÚLTIMA HORA: Alomenos 2 mortos e 3 desaparecidos ao caer un autobúas ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade

    ÚLTIMA HORA: Alomenos 2 mortos e 3 desaparecidos ao caer un autobúas ao río Lérez en Cerdedo-Cotobade

    Alomenos 2 persoas morreron e 3 están desaparecidas tras a caída dun autobús ao río Lérez ao seu paso por Cerdedo-Cotobade.

    O accidente tivo lugar sonre ás 21.35 horas deste sábado, cando un autobús da empresa Monbus da liña regular entre Lugo e Vigo caiu ao río á altura do quilómetro 67,5 da N-451, na parroquia de Pedre.

    Os bombeiros puideron rescatar con vida ao condutor do vehículo e a unha muller, mentras atopouse a dúas persoas falecidas e tres persoas atópanse desaparecidas.

    Ata o lugar desprazáronse efectivos de Emerxencias A Estrada, Bombeiros do Deza, Bombeiros de Pontevedra, Bombeiros de Ribadumia, Protección Civil de Cerdedo-Cotobade e ambulancias do 061.

  • Ameaza de bomba nos xulgados de Santiago

    Ameaza de bomba nos xulgados de Santiago

    A Policía Nacional está inspeccionando os dous xulgados de Santiago de Compostela e a Cidade da Cultura por “ameaza de bomba”.

    Fontes do alto tribunal confirmaron que a Policía Nacional “avisou ao xuíz decano de Santiago de Compostela dunha chamada cunha ameaza de bomba”, polo que o maxistrado “tomou inmediatamente a decisión de desaloxar os dous edificios xudiciais de Santiago ata que os Técnicos Especialistas en Desactivación de Artefactos Explosivos (Tedax) inspeccionen ambos os inmobles”.

    Ademais, a zona da Cidade da Cidade da Cultura habilitada para o xuízo do Alvia “tamén está a ser inspeccionada, ao considerarse agora consinto sede xudicial”, xa que desde esta semana é a sala de vistas máis grande de Galicia preparada para o macroxuízo polo descarrilamento do tren.

    Tamén se desaloxou o vacinódromo que abriu hoxe na Cidade da Cultura.

  • Ferido grave un estradense despois de caer desde 20 metros de altura en Ribeira

    Ferido grave un estradense despois de caer desde 20 metros de altura en Ribeira

    Un home de 43 anos correspondente ás iniciais C.P.G. e veciño do concello da Estrada, resultou ferido de extrema gravidade despois de caer desde unha altura duns 20 ou 25 metros. Ao parecer, o home estaba recollendo un dron que quedara enganchado nun eucalipto o pasado martes cando a cesta do brazo hidráulico rompeu por causas que aínda se decoñecen.

    O suceso foi nas proximidades do polígono de Xarás, en Ribeira, nas inmediacións da rotonda do final da Autovía do Barbanza. A vítima estaba traballando nunha empresa de enxeñaría nuns traballos vinculados coa futura instalación do McDonalds na zona.

    A caída produciuse sobre ás 16:45h. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia indicaron que recibiron unha chamada da Policía Local, que pedía asistencia médica urxente para un operario que caira desde varios metros de altura. Ata o lugar desprazáronse tamén unha ambulancia Soporte Vital Básico (SVB) con equipo médico do PAC de Ribeira e o helicóptero medicalizado H3 do 061, onde desprazaron ao accidentado ata o Hospital Clínico de Santiago. Alí confirmaron que o home de 43 anos sufriu varias fracturas.