Etiqueta: #Forcarei
-

Tres días de festa en Soutelo de Montes
Soutelo de Montes, en Forcarei, terá tres días de festa na honra de San Roque e da Virxe do Carme.
(máis…) -

Mantéñense as cifras de paro na comarca
A Xunta de Galicia publicou as cifras de paro nos concellos de Galicia. Na comarca de Tabeirós-Terra de Montes as cifras só baixaron nunha persoa. Por concellos, A Estrada conseguiu baixar da cifra dos 800 parados ao ter dous desempregados menos, Cerdedo mantense nos 58 parados e, Forcarei, sube un ata os 95.
Gráfico interactivo. Pulse no nome dos meses para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende Por sectores, é o dos servizos o que máis parados aporta (645), seguido da industria (118), da construcción (75), dos cidadáns que buscan o seu primeiro emprego (67) e da agricultura e pesca (46). O concello que máis aporta en todos os casos é o da Estrada.
Gráfico interactivo. Pulse no nome dos concellos para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende En canto ás idades, só hai 29 menores de 25 desempregados. Amais, hai 547 mulleres maiores de 25 anos sen emprego e 375 homes maiores de dita idade.
Gráfico interactivo. Pulse no nome dos concellos para retiralos/mostralos na gráfica. // Rubén Rosende -
Agolada en Deza e A Estrada en Tabeirós son os concellos con maior participación ata ás 14 horas
A participación das Eleccións Xerais aumentou en comparación cos últimos comicios deste tipo en España e en Galicia, pero tamén nos concellos de Deza e Tabeirós-Terra de Montes.
O concello que máis destaca é Agolada, cun 49,59%, no que a participación ascende máis de 19 puntos respecto ás de novembro de 2019. Con este ascenso, ás 14 horas sitúase preto dos datos de participación das 18h dos últimos comicios nacionais, nos que a esa hora votaran un 52,72% dos censados.
No resto de Deza, en Lalín ás 14h xa votara un 39,72% dos chamados ás urnas, 8,2 puntos máis que en 2019, en Silleda xa o fixo un 39,35% (+7,23), en Vila de Cruces un 41,13% (+11,89), en Dozón un 31,96% (+6,8) e, en Rodeiro, un 37,5% (+12,01).
En Tabeirós-Terra de Montes foi A Estrada o concello no que máis porcentaxe dos chamados ás urnas votou ata as 14 horas. En concreto votou un 42,5% do censo (+8,42). En Cerdedo-Cotobade fíxoo un 41,99% (+9,03) e, en Forcarei, un 37,33% (+5,78).





