Directo
Xoves 3/9/2026
21.37h | Remata o Pleno
21.37h | Responde Louzao
Agarda que “moi pronto” sexa unha realidade o aparcamento para camións.
21.36h | Turno do público
Unha veciña di que no San Cristovo os camioneiros botaron bombas dende a estación e as canas caeron na carballeira. “Deixaron unha cantidade de fume impresionante, que non se vía”, sinala.
Informa de que se está levantando a beirarrúa nas proximidades do Xulgado e que na Avenida Benito Vigo hai “moitas” movidas.
Pregunta cando vai estar listo o aparcamento para camións e se se lles vai cobrar.
21.32h | Responde Louzao
En relación á Carballeira de Melania, comenta que xa se están ultimando os detalles do proxecto. Informa de que xa se asinaron os convenios e xa están chegando as facturas dos alugueiros.
Eliminaranse todos os valados da zona verde, haberá unha valla para evitar riscos polos desniveis e crearase unha praza pública con zona para esparexemento. Destinaranse 200.000 euros.
Farase a “mínima intervención posible” na zona verde. Firmáronse convenios con 14 parcelas, sendo máis de 30 os propietarios. Páganse 3,50 euros por metro cadrado.
En relación coa Atención Temperá, pasou a ser parte do patrimonio municipal hai dúas semanas. Agora xa están de mudanzas, retirando mobiliario do antigo edificio xudicial. Despois, trasladarase o material existente no piso no que se atopa. Informa de que se ampliou o tempo de servizo “ao máximo posible”. Algunhas aulas específicas que non existían no piso, poderá habelas no novo edificio. Agarda que a mudanza remate este mes ou principios de outubro.
21.26h | Móvete | Pregunta Mar Blanco Casais
Pregunta se hai algunha data para o traslado do Servizo de Atención Temperá e se se vai aproveitar para ter máis persoal.
Sobre a Carballeira de Melania, pide información detallada sobre os acordos aos que se vai chegar cos propietarios e como se vai xestionar.
21.24h | Responde Louzao
Toma nota sobre as queixas da traída de Tabeirós.
Sobre os centros de saúde do rural, sinala que non hai SAI en ningún do concello.
Suxire facer unha mesa de portavoces para estudar a mesa sobre o cambio climático.
Sobre a pista de Frades-Casalpaio sinala que “o importante xa está no plan de asfaltados”. Agarda que en outubro comecen as obras de asfaltado no rural.
Sobre o local cedido a Aspanaes, di que “viron como unha oportunidade” asentarse na Estrada para crear unhas aulas para rapaces con autismo.
En relación á Torre de Guimarei, “estamos nun tira e afrouxa”. Di que os propietarios “agora xa están pensando en vender”.
21.16h | BNG | Turno de Xoán Reices
Lembra a fochanca diante do CEIP Pérez Viondi e cuestiona sobre a Torre de Guimarei. Pregunta polo local que se lle vai ceder a Aspanaes e pola entrada a Requián. Propón facer unha mesa con todos os partidos para loitar contra o cambio climático.
Di que lle resulta “rechamante” que o centro de saúde de Oca non tivese SAI e traslada queixas pola profundidade das tubaxes da traída de Tabeirós.
21.13h | Responde Louzao
Recoñece que estiveron centrados na situación das fincas do rural. Di que a Policía Local xa fixo unha listaxe de fincas sen limpar no casco urbano e que se lle enviará unha carta aos propietarios.
Sobre a liña descontinua en Baloira, comenta que xa llo trasladaron no momento no que se fixo o repintado. A vindeira semana manterá unha reunión para intentar solucionar a situación. Apunta a que é “unha zona de concentración de accidentes”, o que tería provocado ese cambio.
Sobre o desenvolvemento da Avenida de América, di que pediron a prórroga para “aproveitala”. “Queriamos que fose un tema inmediato”, asegura. “Creo que vai ser algo de interés xeral”, apunta.
Sobre o Punto de Encontro Familiar, sinala que “non era unha prioridade” porque non había demanda. Non descarta que no futuro se aposte por el.
21.06h | PSOE | López Bueno
Pregunta que lle parece ao alcalde que se abrira en Lalín o Centro de Encontro Familiar e que A Estrada o “desprezara”.
Cuestiona sobre o desenvolvemento da Avenida de América, que continúa sen avances e a Xunta vén de prorrogar por dous anos o Estudo de Impacto Ambiental.
Menciona as queixas dos veciños de Baloira e San Xiao de Vea sobre a eliminación dunha liña descontinua na PO-841. “Pedímoslles que fagan o que estea na súa man para recuperala”, di o socialista.
Sinala a falta de limpeza en varias fincas do casco urbano. “Vostedes son os responsables de fiscalizar que se cumpra con esa obriga”, asegura.
Fala de varios puntos de Guimarei que, segundo informa, están sen limpar. “Tiveron que falar 10 veces con vostedes sen que fixesen nada”, di.
21.00h | Comezan os rogos e preguntas
21.00h | Aprobado por unanimidade o irmanamento con Rianxo
20.59h | Louzao
Lembra que tamén estamos irmanados con Ponteareas e Almonte
20.58h | Louzao sinala a importancia do vencellamento de Pereira e Castelao á Estrada
Comenta que “moita xente se sorprende” e di que esta familia foi “referente”. “Foi un ano cargado de iniciativas”, sinala e avanza que queda algunha por facerse. “Con Virxinia Pereira quixemos facer un esforzo importante achegándoo a cidadanía”, di sobre a exposición a pé de rúa.
“Este paso é impotante e quédanos esta imaxe de unidade”, asegura, “tal e como aconteceu en Rianxo”, onde xa aprobaron o irmanamento. Lembra parte da vida de Virixinia Pereira, moi vencellada á Estrada, onde naceu.
20.55h | Móvete tamén votará a favor
Así o confirmou a súa voceira, Mar Blanco Casais. Sinala a importancia de manter o legado de Virixinia Pereira e Castelao.
20.54h | BNG | Reices tamén votará a favor
Pide que se lle dea “importancia a Avelina, a Castelao e a todos os artistas que hai na nosa terra”. Pide que tamén se faga irmanamento con Pontevedra.
20.53h | PSOE | Belén López di que ven “lóxico” o irmanamento con Rianxo
Di que o Concello de Rianxo fai un labor cultural “moi importante” con Castelao ou Dieste, entre outros. “Homenaxéanos con prazas e eventos culturais”, sinala. Di que as exposicións sobre Avelina Valladares e Castelao que hai na Estrada actualmente “son unha pasada” e propón que se fagan con maior asiduidade.
20.49h | Moción | PP | Ismael Pena dá conta da moción sobre o irmanamento con Rianxo
Comenta os antecedentes que a xustifican e explica que se prevé firmalo o 19 de outubro. A aprobación neste Pleno é o paso previo necesario para poder asinalo.
Os detalles poden atopalo nesta noticia:
A Estrada e Rianxo asinarán o seu irmanamento o 19 de outubro
Este xoves aprobarase unha moción no pleno da Estrada
20.46h | Apróbase a acta do Pleno do mes de agosto
20.45h | Comeza o Pleno
20.44h | Orde do día
Como cada Pleno, comezarase coa aprobación da acta do Pleno anterior. Despois, debaterase a moción sobre o irmanamento con Rianxo e darase conta dos decretos ditados do 3 ao 14 de agosto. Para rematar, será o turno de rogos e preguntas.
20.36h | En breves comezará o pleno
Están rematando de chegar os concelleiros.
20.20h | Só un punto na orde do día
Moi boas tardes! Comezamos o minuto a minuto correspondente ao pleno ordinario do mes de setembro. Hoxe só hai un punto na orde do día: o irmanamento co Concello de Rianxo.
A Estrada e Rianxo asinarán o seu irmanamento o 19 de outubro
Este xoves aprobarase unha moción no pleno da Estrada


Deixa unha resposta