Etiqueta: incendios forestais
-

Situación complicada no incendio que afecta Castelló: as lapas están ao lado das casas
O incendio de Castelló xa queimou 4300 hectáreas e ten un perímetro de 50 quilómetros. Esta tarde viamos as lapas a poucos metros das vivendas en Montán e ordeouse a evacuación das localidades de Torralba del Pinar, Pavías e Higueras. A localidade de Caudiel estivo confinada varias horas polo fume.
Tras un cambio na dirección do vento, as zonas que máis preocupan son os frentes que avanzan entre Montán e Montanejos e Montán e La Fuente de la Reina e trabállase para evitar que o lume chegue a esta última localidade. A CV-203 pechouse ao tráfico.
Non hai previsión de que os máis de 1500 desaloxados poidan volver ás súas casas.
-

PHDnoticias 25 de marzo| CONTINÚA DESCONTROLADO O INCENDIO DE CASTELLÓ E TERUEL
Continúa fóra de control o incendio que afecta a Castelló e Teruel. Xa se calcinaron 4000 hectáreas e hai un perímetro de 35km. As máis de 1500 persoas desaloxadas terán que pasar unha noite máis fóra das súas casas. Hoxe o peor do incendio atópase en Teruel, onde ardeu unha aldea, pero agárdase que nas vindeiras horas a situación meteorolóxica cambie cun descenso da humidade e un cambio na dirección do vento, polo que o peor volvería estar en Castelló.
Hoxe os presidentes Lambán e Ximo Puig visitaron o centro de mando do incendio e confirmouse que hai 4 persoas detidas por, presuntamente, provocalo.
A CRTVG vive a súa segunda xornada de folga pola manipulación informativa. Os traballadores denuncian que moitos foron apartados dos seus postos por criticar ao PP ou negarse a manipular as noticias.
Esta madrugada adiantamos os reloxos unha hora. Deste xeito ás 2 pasarán a ser as 3 e durmiremos unha hora menos.
Ás 12 da noite O Planeta de Hoxe en Día estreará un novo vídeo en YouTube e añroveitaráo para facer un anuncio.
Mañá será un día marcado polas nubes e os claros e algún chuvasco residual. As temperaturas manteránse. -

5 ANOS DESDE QUE ARDEU GALICIA: Vigo conmemora o aniversario do incendio que afectou aos seus montes
O 15 de outubro de 2017 o lume chegaba a Vigo cidade. Ringleiras de persoas axudaban con caldeiros na extinción das lapas dun incendio que calcinou 600 hectáreas de arboredo.
A mancomunidade de Valadares levaba 30 anos traballando para construir un anel verde de 50 quilómetros. O seu presidente lembra como tivo que desaloxar algunhas persoas que facían fotos no montte aquela noita e logo fuxir correndo das lapas.
No acto conmemorativo estivo o director xeral de ordenación forestal, que dixo ter a man tendida para apoiar a mancomunidade na xestión do monte.
Tamén gabou a xestións dos montes de Vigo, dos que goza moita cidadanía. A representante municipal Uxía Blanco leu un poema de Serrat co que lembrou que sen árbores e sen abellas non haberá mel.
GUÍA BÁSICA PARA ENTENDER OS INCENDIOS FORESTAIS (artigo PHD)
Un venres 13 de outubro no ano 2017 comezaba a última vaga de incendios de importancia. Ao mediodía do domingo 15 había 140 incendios activos (60 máis que a primeira hora). Producíronse cambios brusco do vento por culpa dos restos do furacán Ophelia. Os municipios máis afectados foron os de Pazos de Borbén, As Neves, Salvaterra de Miño, Baiona e Gondomar. O lume chegou á cidade de Vigo, onde os veciños fixeron cadeas humanas para parar os efectos do lume. Ademais houbo que despregar medios para evitar que entraran máis lumes desde Portugal. Na vaga de incendios faleceron 2 persoas en Chandebrito (Nigrán) intentado fuxir das lapas, outra en Vigo e unha última en Carballeda de Avia.
Ler entrada completa










