Etiqueta: incendios forestais

  • Unha aldea de Quiroga négase a ser desaloxada para defender as súas casas

    Galicia está afrontando unha situación extraordinaria polos incendios forestais. A falta de medios provocou que arderan 85 vivendas na nosa comunidade.

    Hoxe Orgullo Galego recolleu as palabras dun veciño de Xestoso do Lor, en Quiroga no que afirma que durante a tarde de onte a Garda Civil acudiu para evacualos. Esta aldea xa fora evacuada 3 noites antes pola dirección das lapas, que ameazaban a aldea.

    “Hoxe o pobo enteiro negouse a irse. Querían defender as súas casas do lume”. Isto xustifícase porque “vimos como fai días arderon aldeas enteiras como Vilar do Courel sen ningún tipo de axuda para salvalas e non querían que isto se repetira aqui”.

    A Garda Civil colleulle os datos a varios habitantes da aldea, que manifestan que, pese a que viviron varios incendios forestais, “nunca se tratou así á poboación”.

  • Unha empresa de reforestación provocou por segunda vez un incendio forestal en Aragón: “Estamos desolados e devastados”

    Unha empresa de reforestación provocou por segunda vez un incendio forestal en Aragón: “Estamos desolados e devastados”

    Aragón está sufrindo a virulencia dos incemdios forestais. Este luns iniciouse un na localidade de Ateca. A empresa Land Life, que se adica á reforestación de montes admitiu que se produciu por unha chispa na retroescavadora coa que estaban realizando os buratos. O incidente foi ás 16h dese día.

    “Estamos desolados e destrozados” afirma Francisco Purroy, director para España e Portugal de Land Life. Os traballos estaban realizándose, xustifica, “de acordo coa normativa local e seguindo esrritas medidas preventivas para facer fronte ao aumento de risco polaa condicións extremas de seca e calor”. O directivo admite que a recomendación era non traballar, “e está para cumprila”, pero deixa aberta a posibilidade de facelo. Non obstante, “polo sucedido, está claro que non se tiña que estar traballando a esa hora nese lugar”.

    Non é a primeira vez que pasa. O pasado 20 de xuño, esta empresa provocou un incendio que calcinou unhas 20 hectáreas na zona.