Etiqueta: Rural
-
A Estrada activará esta semana as brigadas forestais e o Bloque critica a demora
O proceso retrasárase por falta de persoal.
(máis…) -
Queixas pola ausencia de alumeado público en San Xiao de Vea
Os veciños de San Xiao de Vea (A Estrada) reclaman que se lles arranxe o sistema do alumeado público, servizo co que non contan desde hai un mes, cos conseguintes riscos para os residentes e condutores que circulan pola aldea de noite.
-
Augas de Galicia multa ao Concello da Estrada
A xunta de goberno local aprobou onte o pago dunha multa de 4.000 euros imposta por Augas de Galicia. José López, alcalde da Estrada, apuntou a que esta multa debíase a vertidos desde algunha das depuradoras rurais, por algún problema de funcionamento desta.
Nesta sesión tamén aprobaron a rehabilitación do edificio sito no número 3 da Travesía de América, a reforma dunha vivenda en Santo Tomé de Ancorados, a construción dun almacén en Guimarei, un galpón para garaxe e unha vivenda unifamiliar en Moreira.
-
O PSOE quere crear espazos comúns no rural
O PSOE da Estrada propón crear espazos no rural nos que se combinen centros de día para os maiores con espazos para os rapaces nos que poidan recibir clases particulares e ter actividades. Estes espazos atoparíanse nas escolas unitarias. Para poder chegar aos centros, habería un servizo de transporte baixo demanda.
-
Queixas polo mal estado dos parques infantís no rural
Móvete fixo públicas as queixas da veciñanza de Santeles e San Miguel de Barcala polos parques infantís. No primeiro dos casos, pola inexistencia deste e, no segundo, pola ausencia das escaleiras e do chan da estrutura, polo que os rapaces non poden empregalo.
Desde a formación tamén indicaron que “todos os anos lle temos que insistir ao goberno do PP para que solucione dunha vez os problemas da traída de auga de Codeseda” e que xa este venres “o camión cisterna tivo que recargar os depósitos”.
-

O PP responde ás críticas de mala xestión do rural
José López indicou que se investiron 20 millóns de euros, unha “cifra récord”. Entre as melloras realizadas destacan a renovación das luminarias, o asfaltado de 120km de pistas e as novas sinalizacións.
Unha das principais críticas que recibimos da oposición é o abandono e a falta de investimentos no rural. Eu podo entender que tratar de acuñar ese argumento forma parte da súa estratexia política para desgastarnos como goberno, pero os datos demostran que é unha falacia absoluta. Neste mandato logramos investir nas parroquias nada máis e nada menos que 20 millóns de euros, unha cifra récord que xamáis na historia se alcanzara antes. Aí está a renovación da iluminación pública con tecnoloxía LED, 120 quilómetros de pistas asfaltadas, melloras nas traídas de augas, o novo proxecto de sinalización que se está a executar, desbroces e mantemento de viais, etc., etc. E nesta liña imos seguir. O rural foi, é e será unha prioridade para nós.
José López -
Xoán Reices lamenta a carencia de saneamento no rural
O BNG lamentou que o PP non executou o plan director para levar a cabo saneamentos no rural anunciado en 2019.
“Sanear o rural da Estrada non é só unha necesidade en termos medio ambientais, é unha obriga das normas europeas, mais o goberno municipal do non o ten entre as súas prioridades, a pesar de que é unha das principais demandas dos veciños e veciñas do rural”
BNG da Estrada
