Etiqueta: sucesos
-

A casa maldita da Estrada
O PSOE instou ao goberno a arranxar o tramo de maneira definitiva.
(máis…) -
Saída de vía con tres coches danados no casco urbano
Na madrugada de onte un vehículo que circulaba polas proximidades da biblioteca da Estrada saíuse da vía impactando contra un coche estacionado. Este último, a consecuencia do impacto, bateu contra outro vehículo aparcado.
A Garda Civil identificou ao condutor polos restos deixados polo vehículo e a Policía Local realizou o atestado.
Ademais, efectivos de Emerxencias desprazáronse ata a Rúa Antón Lossda Diéguez para retirar unha rama que caira sobre a beirarrúa e un coche desde a finca dun particular.
-

O mozo que agrediu a Rajoy acoitela a un xornalista de La Voz de Galicia
O xornalista Alfredo López Penide, xornalista da delegación de Pontevedra do xornal La Voz de Galicia, resultou ferido tras o ataque dun mozo na redacción do xornal. O autor, Andrés de Vicente Fuentes, presentouse na redacción e, visiblemente alterado, comezou a berrarlle a unha empregada que el era o mozo que agredira a Mariano Rajoy en 2015 e que ía a queixarse dunha publicación sacada polo xornal na que se informaba dunha nova condena do mozo. Tras isto, sacou un rodete de cociña e un coitelo e comezou a golpear os equipos informáticos da entrada.
A empregada fuxiu para refuxiarse nun supermercado próximo. Isto aproveitouno De Vicente para acceder á redacción, onde se atopaba traballando López Penide. O xornalista foi atacado, recibindo cortes no brazo e nunha man e unha picada no peito. López Penide conseguiu escapar do ataque para refuxiarse no mesmo supermercado que a súa compañeira.
Nese intre chegaron dúas redactoras e, ao ver que o atacante permanecía na redacción, aproveitaron para pechar por fóra para que non puidese saír ata a chegada da policía. Foi necesaria a intervención de seis axentes para que o agresor depuxese a súa actitude. Unha vez detido,foi trasladado á Unidade de Psiquiatría do Complexo Hospitalario de Pontevedra (CHOP).
De Vicente Fuentes, con 17 anos, pegoulle unha puñada na cara ao expresidente do Goberno Mariano Rajoy nun acto de campaña electoral en 2015. No 2019 foi detido por golpear a un dirixente de VOX e, en 2020, volveu a ser detido, esta vez por agredir a un cliente dun bar de Ourense e, ademais, dirixiuse aos presentes coas palabras “ides morrer todos”.
Moitos medios de comunicación mostraron o seu apoio ao compañeiro de La Voz de Galicia agredido, entre os que se atopa o propio xornal.
Desde PHDnoticias temén queremos mostrar o noso apoio ao xornalista.
-
Accidentes en Lalín e na Estrada, un deles con feridos
Unha muller de 47 anos correspondente ás iniciais A.I. L. N. resultou ferida onte nunha colisión por alcance na N-525 ao seu paso por Oca (A Estrada), á altura do cruce do centro médico. A ferida, que presentaba dor de cabeza, chamou ao 112 informando do suceso e solicitando asistencia sanitaria. Acudiron a Garda Civil e o 061.
Na avenida de Montserrat, en Donramiro (Lalín), unha condutora mareouse e bateu contra outro vehículo que estaba estacionado. A raíz do choque, producíronse danos en varios vehículos. Ata o lugar desprazáronse a Policía Local de Lalín, unha ambulancia do 061 e Protección Civil de Lalín, que se encargou de limpar a calzada.
-

1 morto e 5 feridos despois de que unha carroza perdera o control durante unha cabalgata
Unha muller morreu este xoves durante a Cabalgata de Reis Magos de Marchena (Sevilla), tras ser atropelada polo tractor que tiraba dunha das carrozas, segundo informou Emerxencias Sevilla en Twitter.
O suceso produciuse sobre as 20.15h cando o tractor perdera o control e caíra costa abaixo batendo contra unha parede.
Hai alomenos 5 feridos, varios deles graves, entre eles un neno.
-

2 mortos ao esnafrarse unha avioneta en Murcia
Un suboficial do Exército do Aire destinado nunha base de Alemaña e un instrutor de voos privados morreron este xoves nun accidente cando pilotaban unha avioneta nas proximidades do aeródromo Os Garranchos en San Javier, Murcia.
Polo momento descoñécense as causas do accidente, que se produciu a 500 metros do aeródromo.
-

Unha mestra nai de dous fillos, unha promesa do boxeo galego… estas son as vítimas do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade
Varias localidades e institucións vestíronse de loito polas sete vítimas mortais do accidente de autobús de Cerdedo-Cotobade.
A vítima máis nova, de 21 anos, era unha promesa do boxeo galego. Trátase de Eneas Valverde Ruibal, un veciño de Nigrán que regresaba a casa desde Lugo, onde estudaba. O Concello decretou 3 días de loito oficial.
Outros dous dos falecidos son nai e fillo. Falamos de Cruz Castro Eiras -unha xubilada que traballou nunha pastelería- e Jaime Val Castro. Ambos residían en Lalín pero eran naturais de Agolada.
De Agolada tamén era María Mercedes Castro Blanco, de 58 anos. Era unha gandeira xa xubilada e exmuller dun concelleiro do PP da localidade.
A educación vistiuse de loito por Guadalupe Díaz González, de 44 anos. Era natural de Lugo, pero residía en Lalín. Tiña dous fillos de 8 e 5 anos e impartía clases de lingua castelá e literatura no IES Número 1 do Carballiño, onde comezara este ano, aínda que tamén formou alumnos en Lalín, nos IES Laxeiro e Ramón María Aller Ulloa.
A sexta vítima é Edit, unha muller peruana residente en Soutomaior que collera o autobús na parada anterior ao accidente porque saíra de traballar da vivenda na que coidaba a unha persoa maior.
Da sétima vítima, rescatada esta mañá, só se sabe que se trata dunha muller duns 50 anos que acompañaba á sobrevivinte.
Os Concellos de Nigrán, Agolada, Lalín e Cerdedo-Cotobade decretaron varios días de loito oficial e as bandeiras ondean a media asta.
Todas as familias dos falecidos recibiron apoio psicolóxico