A parroquia celebra unha nova edición do seu As Nosas Músicas.
O vindeiro domingo 13 dará inicio a XXXVI edición do festival As Nosas Músicas de Couso (A Estrada). 11 agrupacións de música tradicional citaránse nun completo programa de música que durará 2 días.
O domingo o festival arrancará coa sesión vermú a cargo da Requinta de Carcacía. A partir das 16.30h haberá un obradoiro infantil de Instrumentos musicais a cargo de Oli Xiráldez e, media hora despois, inauguraráse a I Mostra de Artesanía As Nosas Músicas. A partir das 17.30h a música soará a cargo de Galega de Bailabes, Retranqueiras, Silandeiras, Bouba e Requinta da Laxeira.
O luns celebraráse ás 12.30h un obradoiro de toques de campás. O evento terá lugar na Igrexa de Couso e estará impartido pola Asociación dos campaneiros de Galicia. Ás 14.00h dará inicio a sesión vermú a cargo de Faiscas da Pontragha. Pola tarde haberá xogos tradicionais, un espectáculo de títeres e unha iniciación ao baile tradicional a cargo de Nuria Gesteira. Xa pola noite, actuarán as agrupacións Melidaos, Coanhadeira, Carunchos, Tiruleque e Art-Monium e entregaráse o VI Premio As Nosas Músicas á Asociación Xermolos-Festival de Pardiñas.
Horarios
Domingo 13
14.00h // Sesión vermú a cargo de Requinta de Carcacía.
16.30h // Obradoiro infantil de instrumentos musicais (Oli Xiráldez)
17.00h // Inauguración da I Mostra de Artesanía As Nosas Músicas
17.30h // Ruada con:
- Galega de Bailables
- Retranqueiras
- Silandeiras
- Bouba
- Requinta da Laxeira
Luns 14
12.30h // Obradoiro de toques de campás, na Igrexa de Couso (Asociación dos campaneiros de Galicia).
14.00h // Sesión vermú a cargo de Faiscas da Pontragha.
17.00h // Xogos tradicionais na música e na festa.
19.00h // Títeres: O galo quirico e os seus amigos/amigas (Seisdedos).
20.15h // Iniciación ao baile tradicional (Nuria Gesteira).
21.30h // Actuacións de:
- Melidaos
- Coanhadeira
- Tiruleque
- Art-Monium, animación a pé de pista
// Entrega do VI PREMIO AS NOSAS MUSICAS a: Asociación Xermolos-Festival de Pardiñas. Entrega Xaneco Tubío, presidente da AGG (Asociación do baile e a música de tradición galega)
O día 14 un bus do Exprés de Vea realizará a ruta Praza da Farola (A Estrada) – Pontevea – Campo da Festa a partir das 21.00h e a ruta de regreso ás 4.30 e ás 6.00h. Amais, haberá unha zona de acampada e bastante zona de aparcadoiro.
Para comer, haberá unha zona gastronómica con diferentes posibilidades culinarias e empregaránse Ecovasos, que custarán un euro.
Ubicación



Deixar un comentario