Unha muller resultou ferida ao envorcar sobre ás 10.25h desta mañá coa furgoneta que conducía na PO-841 en Santa Cristina de Vea. A condutora saíu coa axuda dunha veciña do lugar e non requeriu traslado.
Ata o lugar desprazáronse efectivos da Garda Civil de Tráfico de Lalín, da Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea e Grúas Foxomotor.
Este é o segundo accidente que se rexistra no concello en 24 horas, dado que onte unha repartidora resultou ferida ao bater contra un muro no casco urbano.
Imaxe de portada:
Vehículo sinistrado // Agrupación de Voluntarios de Paramá Santo Andrés de Vea


Deixar un comentario