Este xoves entrégase o Avelina Valladares

O Teatro Principal acollerá ás 20.30h deste xoves a entrega do XXVII premio de poesía Avelina Valladares nun acto que será gratuíto e de libre acceso. O premiado será, por terceiro ano consecutivo, o noiés Manuel López Rodríguez grazas ao “realismo cromático, clasicismo do íntimo e cotiá e o hopperismo” do seu poemario Fíotaxidermista.

O xurado do certame fixouse en que  “no seu simbolismo metafórico atopamos unha acentuación atinada” e en que “utiliza o recurso de falla de artigo”. Tamén indicaron que o poemario preséntase “como un poema resumo, no que a percepción xeral de todo o poemario é o misterio como estratexia poética”.

Comentarios

Unha resposta a “Este xoves entrégase o Avelina Valladares”

  1. Avatar de Que foi noticia o 12 de decembro de 2023? – Xornal da Estrada

    […] Concello. En canto á cultura, fixémonos eco do acto que se celebraría o día seguinte para facer entrega do Avelina Valladares a Manuel López Rodríguez, quen recibiría este galardón por terceiro ano […]

    Gústame

Deixar un comentario