Reices considera “irónico” o nomeamento de López Campos como Conselleiro

Reices considera “irónico” o nomeamento de López Campos como Conselleiro

José López Campos, ata este domingo alcalde da Estrada, foi nomeado polo Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude.

Relacionado

O primeiro partido da oposición local en reaccionar foi o BNG. O seu voceiro, Xoán Reices, afirmou que “salta en marcha eludindo as súas responsabilidades e o seu compromiso como candidato e como alcalde electo”, aínda que “as ambicións persoais de López son lexítimas”.

Reices afirmou que  “non agardamos nada de quen xa demostrou ser un pésimo xestor, que acaba de subirlle o IBI aos veciños e veciñas, porque non lle cadran as contas e por deixar un concello en peor situación que cando chegou á alcaldía”.

Tamén considerou “irónico” que se nomeara como Conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude “a quen mantivo nunha silveira a Torre de Guimarei, nada fixo polo noso idioma ao longo dos seus mandatos e a quen ten pechada a OMIX (Oficina Municipal de Información Xuvenil)”, algo que considera “unha declaración de intencións de cal vai ser o traballo do xa ex-alcalde á fronte da Consellaría”.

“López foi un pésimo alcalde e será un pésimo conselleiro”

Xoán Reices, voceiro do BNG na Estrada

Imaxe de portada:
López Campos no mitin de Rueda na Estrada // Captura de pantalla

Comentarios

One response to “Reices considera “irónico” o nomeamento de López Campos como Conselleiro”

  1. Avatar de López Bueno pide que na elección do novo alcalde “primen os intereses dos veciños” – O Xornal da Estrada

    […] as críticas do BNG ao nomeamento, Luís López Bueno, líder do PSOE da Estrada, optou por unha mensaxe moito máis calmada. López […]

    Gústame

Deixar un comentario