Na tarde deste mércores tivo lugar unha manifestación en Pontevea contra o proxecto de Altri en Palas de Reis. Ao acto, organizado polos colectivos A Ulla Viva e Baixo Ulla Vivo, asistiron veciños das dúas beiras do río. Ademais, houbo unha actuación musical a cargo de Xosé Allegue, Xosé Constenla, Xosé Luis Rivas “Mini”, Andrea Piñeiro e Suso Alonso.
Imaxe de portada:
Manifestación en Pontevea // A Ulla Viva


Deixa unha resposta